Mundo

Alumnos de México estudarán bacharelato nas súas linguas indíxenas

As linguas indíxenas forman parte dos programas educativos dos 45 Bacharelatos Integrais Interculturais (BIC).

Fonte: Sucedió en Oaxaca

O portugués queda excluído do réxime da patente europea

O Acordo Relativo ao Tribunal de Unificado de Patentes foi ratificado por Portugal, malia a oposición dun grupo de académicos. O que se cuestiona é que, a pesar de que as peticións de patentes poden presentarse en calquera lingua da UE, teñen que ir obrigatoriamente acompañadas dunha versión en francés, inglés ou alemán.

Fonte: Público

Nace unha nova aplicación para aprender linguas estranxeiras

Lingua.ly é unha aplicación que optimiza o esforzo e o tempo que se gastan na aprendizaxe.

Fonte: Techenet

Os mestres bolivianos estarán obrigados a falar unha lingua nativa

O Decreto Supremo 2477, emitido o 5 de agosto, establece que os mestres están obrigados a falar unha lingua indíxena orixinaria campesiña.

Fonte: Página Siete

Escolas de Suráfrica impartirán clases de chinés a partir de 2016

A partir de xaneiro de 2016 os estudantes surafricanos de nivel básico poderán estudar lingua chinesa.

Fonte: People Daily

Segundo un estudo, algúns bebés teñen maior facilidade para aprender un segundo idioma

Unha investigación conclúe que certo tipo de conduta social favorece a aprendizaxe dun segundo idioma por parte dos bebés.

Fonte: La Prensa

Imparten o Primeiro Obradoiro de Gramáticas Pedagóxicas de Linguas Otomangues

O obradoiro, impartido entre 22 de xullo e o 10 de agosto, serviu para que os participantes adquirisen ferramentas metodolóxicas destinadas a elaborar gramáticas para axudar no ensino das linguas.

Fonte: Ciudadanía Exprés

Segundo unha investigación, a lingua que falamos podería afectar ao noso xeito de pensar

A organización Tecnoloxía, Entretemento e Deseño (TED) realizou un estudo no que analiza o xeito no que os seres humanos pensan segundo a lingua e a cultura na que cada un está inmerso.

Fonte: La Razón

O debate sobre as linguas rexionais en Francia entra na campaña electoral

O debate sobre o recoñecemento das linguas minoritarias en Francia introduciuse na campaña electoral para as eleccións rexionais.

Fonte: Loractu

Certos colectivos alxerianos opóñense á introdución da lingua daridja no ensino

Esta discusión non é nova, pero o anuncio de que se vai introducir o daridja no ensino causou indignación entre os islamo-conservadores.

Fonte: Le Matin Algérie

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder