Mundo

A Sociedade da Lingua Galesa propón duplicar o número de falantes de galés

A principal asociación a prol da lingua galesa, Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa), presentou un documento que defende acadar o millón de falantes de galés, como obxectivo para as próximas eleccións do País de Gales.

Fonte: Nationalia

Unha lingüista estadounidense anima a sociedade galega a transmitirlles o galego ás novas xeracións

Kathleen March, unha tradutora estadounidense de autores galegos ao inglés, confía en non chegar a ver "a morte do galego" e anima os galegos e galegas a transmitirlles a lingua ás próximas xeracións.

Fonte: Galicia Hoxe

Un lingüista español traballa nun proxecto para salvar a lingua otomí de Tilapa

Un investigador de orixe española documenta desde hai oito anos a lingua otomí de Santiago Tilapa, unha localidade próxima a Cidade de México, co obxectivo de salvala da extinción.

Fonte: El Universal

Os novos oficiais da policía metropolitana de Londres deberán falar unha segunda lingua

Os novos oficiais da policía metropolitana de Londres deberán falar, alén do inglés, unha segunda lingua entre as que se inclúe o portugués, o español, o alemán, o grego e o árabe.

Fonte: The Guardian

Unha aplicación permitiralles aos turistas ser atendidos na súa lingua nativa

O departamento de turismo da cidade de París lanzará unha aplicación para móbiles que lles permitirá aos turistas atopar establecementos onde falen a súa lingua nativa.

Fonte: Pure Viagem

Os navajos poderán escoller líderes que non dominen a lingua nativa

O pobo navajo dos Estados Unidos votou en contra da norma que lles esixía aos seus líderes falar a lingua indíxena con fluidez. A medida tentará atraer xente nova a postos de responsabilidade dentro da comunidade.

Fonte: The Guardian

Unha iniciativa innovadora reivindicará o uso da lingua gascona

Un grupo de persoas percorrerá en zancos 280 km, entre Baiona e Marmanda (Francia), para reivindicar o uso da lingua gascona.

Fonte: Jornalet

Cinco linguas sálvanse da extinción grazas a diferentes proxectos

Diferentes proxectos, entre os que destacan as iniciativas de inmersión lingüística, permitiron que linguas como o livonio (Letonia), o sencoten (Canadá), o n|uu (Suráfrica), o gumbaynggirr (Australia) e o kusunda (O Nepal) se salven no último momento da desaparición.

Fonte: Nationalia

O Google Tradutor engadirá novas linguas africanas

A ferramenta de tradución de Google, Google Tradutor, ten previsto engadir cinco novas linguas africanas: o somalí, o igbo, o hausa, o ioruba e o zulú.

Fonte: Camer

O Reino Unido seguirá fomentando o ensino das linguas comunitarias nas súas escolas

O Goberno do Reino Unido mostrou o seu compromiso para seguir fomentando o ensino de linguas comunitarias indias como o panxabi, o guxaratí e o bengalí no currículo escolar.

Fonte: NDTV

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder