Mundo

O sardo convértese en lingua oficial da cidade de Cagliari

O goberno municipal da cidade italiana de Cagliari aprobou un estatuto que recoñece a oficialidade da lingua sarda.

Fonte: Sardinia Post

Os refuxiados acollidos en Portugal recibirán apoio para aprender portugués

A Plataforma de Apoio aos Refuxiados de Portugal anunciou que os refuxiados acollidos nese país recibirán material para aprender portugués.

Fonte: tvi24

Ensinar portugués a chineses é unha das prioridades da Universidade de Coímbra

O reitor da Universidade de Coímbra, João Gabriel Silva, declarou que a institución de ensino superior procura cada vez máis estudantes internacionais e unha das súas prioridades é ensinar portugués a estudantado de orixe chinesa.

Fonte: Diário de Notícias

Unha catedrática de Cambridge defende a necesidade de mudar a política lingüística do Reino Unido

A catedrática da Universidade de Cambridge, Wendy Ayres-Bennett, defendeu a necesidade de mellorar o ensino das linguas estranxeiras no Reino Unido co fin de obter beneficios para toda a sociedade.

Fonte: Cambridge News

Os datos do último censo mostran que unha pequena porcentaxe de falantes de gaélico escocés naceu fóra de Escocia

O informe do censo sobre o uso do gaélico escocés de 2011 revela que unha pequena porcentaxe de falantes naceu fóra de Escocia.

Fonte: Scotsman

A cidade francesa de Tolosa albergará a Oficina Pública da Lingua Occitana

Por medio dun acto presidido por personalidades políticas e culturais da rexión francesa de Mediodía-Pireneos, a Oficina Pública da Lingua Occitana, encargada de definir a política pública a favor do occitano, instálase na cidade de Tolosa.

Fonte: News press

A cidade galesa de Wrexham quere limitar a oferta de servizos públicos en galés

Un concelleiro da cidade galesa de Wrexham escúdase no baixo uso do galés no municipio para defender os recortes na oferta de servizos públicos nesa lingua.

Fonte: Wales Online

O municipio de Lisboa ofreceralles aos cidadáns un servizo de atención en lingua de signos

O Concello de Lisboa abrirá ao público un servizo de atención en lingua de signos que contará coa participación da Federación Portuguesa de Asociacións de Xordos.

Fonte: Público

Unha conferencia analizará propostas para fomentar o uso do galés no traballo

Unha conferencia da Universidade de Bangor analizará propostas para fomentar o uso do galés no ámbito laboral. O encontro contará coa presenza do ministro principal de Gales, Carwyn Jones, e a comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws.

Fonte: BBC

O Ministerio de Educación do Perú recoñece o alfabeto da lingua indíxena bora

Unha resolución do Ministerio de Educación do Perú recoñece a oficialidade do alfabeto da lingua orixinaria bora. O novo alfabeto consta de 26 letras e permitirá garantir a súa protección e difusión.

Fonte: Andina

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder