Mundo
O Senado da República de México aproba reformas para rescatar e preservar as linguas indíxenas
O pleno do Senado da República de México aprobou reformas da Lei xeral de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas co fin de promover e impulsar a recuperación e desenvolvemento das linguas maternas.
Fonte: 24 horas
Unha campaña animará os finlandeses a empregar o finés cos estranxeiros
Unha campaña animará os cidadáns finlandeses a empregar o finés cos estranxeiros co fin de axudalos a mellorar as súas destrezas nesa lingua.
Fonte: YLE
O Consello de Cornualles aproba un plan de promoción da lingua córnica
O Consello de Cornualles aprobou un plan de fomento e protección da lingua córnica que se incorporará paulatinamente ás comunicacións e publicacións oficiais.
Fonte: Western Morning News
Os estudantes indíxenas brasileiros poderán facer uso da súa lingua materna
A Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que garante o uso da lingua materna a todos os estudantes indíxenas.
Fonte: Boa Vista Agora
O novo proxecto de lei da televisión italiana non prevé emisións en friulano ou sardo
O proxecto de reforma da empresa de radiodifusión pública italiana non prevé emisións en linguas como o friulano ou o sardo. Porén, a norma si inclúe a posibilidade de ofrecer espazos noutras linguas como o francés, o alemán e o esloveno.
Fonte: Nationalia
A rexión de Friúl-Venecia Giulia investirá en software para traducir ao friulano
A rexión de Friúl-Venecia Giulia investirá 30 000 euros en software para traducir ao friulano documentos de diferentes oficinas públicas.
Fonte: Trieste Prima
As escolas de fala occitana lembran que o estado francés rexeita os dereitos da infancia en materia lingüística
Con ocasión do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, o colectivo de escolas de fala occitana denuncia nun comunicado que o Estado francés segue a rexeitar a aplicación do artigo 30 da Convención sobre os Dereitos do Neno que aborda a diversidade lingüística.
Fonte: Jornalet
Preséntase un documento que avoga pola igualdade de todas as linguas de Europa
A Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés) presentou a Folla de Ruta para a Diversidade Lingüística que avogará pola igualdade de todas as linguas europeas.
Fonte: Nationalia
Youtube incluirá novas ferramentas para a tradución dos seus contidos a outras linguas
Google revela nun comunicado que introducirá ferramentas para xerar contido traducido en YouTube.
Fonte: Administradores
O sitio de contidos turísticos TripAdvisor non prevé a posibilidade de que os usuarios publiquen comentarios en galés
O sitio de contidos turísticos TripAdvisor rexeita a publicación de comentarios escritos en galés porque viola a política lingüística da empresa.
Fonte: Daily Post
Boletín
Subscríbase ao boletín