Mundo

O condado de Gwynedd rexeita a construción de vivendas polo impacto negativo que podería ter na lingua galesa

Membros do condado de Gwynedd, no norte de Gales, rexeitaron a construción de 366 vivendas polo impacto negativo que podería ter na lingua galesa.

Fonte: BBC

A promoción das linguas sarda e catalá será agora competencia da rexión de Sardeña

O Consello de Ministros italiano deu o visto e prace á transferencia da competencia que garantirá que Sardeña poida administrar desde a illa os fondos destinados á promoción das linguas sarda e catalá nas escolas.

Fonte: L'Unione Sarda

O Canadá presenta unha fonte tipográfica que inclúe as linguas nativas do país

Por primeira vez na historia, o Canadá creou unha fonte tipográfica que unificará non só o francés e o inglés senón tamén as linguas nativas.

Fonte: Quartz

Inventan un megáfono que permite traducir mensaxes do portugués a tres linguas

O aeroporto internacional xaponés de Toquio comezará a probar un megáfono que permite traducir simultaneamente mensaxes do xaponés a inglés, chinés e coreano.

Fonte: Notícias ao Minuto

O Ministerio de Medio Ambiente de Angola publica un manual en linguas nacionais

O Ministerio de Medio Ambiente de Angola publica o Manual do Activista Ambiental que incluirá información en tres das principais linguas nacionais do país: kimbundu, umbundu e kikongo.

Fonte: Agência Angola Press

A televisión pública de Mozambique ten previsto ampliar a súa programación en linguas nativas

A televisión pública de Mozambique (TVM) continúa a súa expansión nas diferentes provincias do país africano e desexa ampliar a súa programación en diferentes linguas nativas.

Fonte: Next TV News

A BBC quere traducir noticias de televisión a linguas estranxeiras

A BBC está avaliando aplicar unha tecnoloxía de voz que permita traducir noticias de televisión do inglés ao xaponés e ao ruso.

Fonte: Arstechnica

Entrégase o premio de Tradución Científica e Técnica en Lingua Portuguesa

Os historiadores Bernardo Mota, Henrique Leitão e Telo Ferreira Canhão recibiron o premio de Tradución Científica e Técnica en Lingua Portuguesa pola tradución de obras científicas ou técnicas ao portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

O emprego do corso na constitución da nova Asemblea de Córsega indigna a clase política francesa

O novo presidente da Asemblea de Córsega, Jean-Guy Talamoni, empregou a lingua vernácula no acto de investidura do novo goberno rexional, feito que orixinou o rexeitamento por parte da clase política francesa.

Fonte: Jornalet

O árabe é a lingua estranxeira que máis medra nos EUA

Segundo os datos do último censo realizado nos EUA, entre 2010 e 2014, a lingua estranxeira que máis medra é o árabe, con 252 000 falantes máis respecto a análises anteriores.

Fonte: The Express Tribune

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder