Mundo

O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa quere que os países lusófonos teñan un vocabulario técnico común

O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, con sede en Cabo Verde, quere crear un vocabulario común nas áreas da ciencia e a tecnoloxía para todos os países de fala portuguesa.

Fonte: Infonet

A lingua impide a integración dalgúns membros da comunidade portuguesa do Canadá

Unha institución do Canadá recoñeceu que a lingua segue a ser o principal obstáculo para a integración da comunidade portuguesa no país americano, sobre todo para as xeracións máis vellas.

Fonte: Impala

Os profesionais de enfermería deberán falar inglés con fluidez para traballar no Reino Unido

Os profesionais de enfermería procedentes da Unión Europea que desexen traballar no Reino Unido deberán demostrar mediante unha proba nivel que falan inglés con fluidez.

Fonte: BBC

O Reino Unido quere que as mulleres musulmás aprendan inglés para integrarse

As mulleres musulmás que non demostren un nivel suficiente do inglés correrán o risco de ser expulsadas do Reino Unido.

Fonte: America Aljazeera

O presidente de Chipre avoga pola oficialidade do turco na Unión Europea

O presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, comunicoulle ao líder turcochipriota Mustafa Akinci que defenderá a oficialización do turco na Unión Europea. Esta decisión interpretouse nalgunhas fontes como un achegamento entre as dúas partes do conflito que separa o país mediterráneo.

Fonte: In-Cyprus

Un dicionario de Costa Rica recolle palabras de orixe galega

A obra do filólogo e escritor costarriqueño Carlos Gagini, Diccionario de barbarismos y provincialismos de Costa Rica, publicada en 1893, recolle unha boa mostra de palabras usadas na fala de Costa Rica que proviñan de Galicia ou do galego.

Fonte: Sermos Galiza

O Consello de Europa aconsella usar máis as linguas cooficiais do Estado español

O Consello de Europa recomendou a España facer un maior uso de todas as linguas oficiais que conviven no seu territorio. O organismo puxo o punto de atención no ámbito xurídico, educativo e sanitario.

Fonte: Nationalia

Un panel de expertos analizará na ONU a protección das linguas indíxenas

Un grupo de expertos reúnese na Organización das Nacións Unidas para elaborar un informe con recomendacións para preservar e revitalizar linguas indíxenas.

Fonte: Diario de Yucatán

Unhas xornadas porán en valor a lingua occitana en diversos puntos de Europa

Un bo número de localidades de diferentes puntos de Occitania, Francia e os Países Cataláns celebrarán unhas xornadas, coñecidas co nome de Dictada Occitana, para promover a lingua occitana.

Fonte: Nationalia

O xornal máis antigo dos EUA escrito en español enfróntase a un futuro incerto

O xornal máis antigo dos Estados Unidos de América escrito en español, El Diario/La Prensa, enfróntase a un futuro incerto por mor dunha forte crise que podería provocar a súa desaparición.

Fonte: Huffingtonpost

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder