Mundo
A vila galesa de Tenby abrirá a súa primeira escola de fala galesa
Co fin de atender a crecente demanda de ensino en galés, a vila de Tenby, de forte tradición anglófona, abrirá a súa primeira escola primaria de inmersión nesta lingua.
Fonte: Wales Online
Un incendio destrúe parte do Museo da Lingua Portuguesa
Un curtocircuíto parece ser a causa do incendio que destruíu dous andares do Museo da Lingua Portuguesa en São Paulo. Un bombeiro perdeu a vida no incidente.
Fonte: Diário de Notícias
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal quere que a promoción da lingua portuguesa sexa unha prioridade
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, considera que a promoción da lingua e a cultura portuguesas deben ser unha das prioridades da política externa do novo executivo.
Fonte: Observador
O Comité Internacional da Cruz Vermella traducirá audios a linguas indíxenas
O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) emitirá audios radiofónicos en linguas indíxenas destinados a persoas emigrantes de Guatemala co fin de reducir os seus factores de risco e vulnerabilidade. A iniciativa conta co apoio do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas en México (INALI) e da Federación Guatemalteca de Escolas Radiofónicas (FGER).
Suíza publica un informe que documenta o progreso da súa política lingüística
O Consello Federal de Suíza publicou o sexto informe sobre a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias que analiza o desenvolvemento da política lingüística no país helvético.
Fonte: Confederazione Svizzera
Revisarase o modelo de ensino da lingua galesa nas escolas anglófonas do País de Gales
O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, defendeu a necesidade de mudar o modelo de aprendizaxe de galés nas escolas anglófonas e de que esta lingua forme parte do día a día de todo o alumnado.
Fonte: South Wales Argus
Corea do Sur limitará o uso de linguas estranxeiras nos anuncios de televisión
Unha axencia designada polo goberno de Corea do Sur limitará o uso de cancións e palabras en linguas estranxeiras nos anuncios que se emitan na televisión.
Fonte: The Korea Herald
Alemaña reforzará o ensino da lingua alemá entre os refuxiados en idade escolar
Alemaña incrementará a contratación de profesorado para reforzar o ensino da lingua alemá a refuxiados en idade escolar.
Fonte: Sputnik News
Piden protección para o árabe clásico en Marrocos
Intelectuais e responsables políticos pediron en Rabat maior protección para o árabe clásico e desenvolvemento do seu papel como lingua da ciencia e do saber.
Fonte: El Diario
O presidente da Cámara Baixa do Parlamento de Rusia critica a política de persecución do idioma ruso dalgúns países
Para o presidente da Cámara Baixa do Parlamento ruso, Serguéi Narishkin, a política que se leva a cabo nalgúns países en relación coa lingua rusa viola normas fundamentais xurídicas e morais.
Fonte: Sputnik
Boletín
Subscríbase ao boletín