Mundo
Asínase un acordo para a promoción da lingua francesa no Brasil
O Comité dos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro e a Organización Internacional da Francofonía (OIF) asinan un convenio de colaboración que garantirá a promoción da lingua francesa no Brasil.
Fonte: Agência Brasil EBC
Un estudo revela que falar varias linguas pode axudar a superar un derrame cerebral
Un estudo realizado por un equipo de investigadores da Universidade de Edimburgo e o Instituto de Ciencias Médicas da cidade india de Hyderabad demostrou que os falantes de varias linguas teñen máis posibilidades de recuperarse tras sufrir un derrame cerebral.
Fonte: Scotsman
O alumnado do ensino primario de Finlandia aprenderá linguas estranxeiras por medio de actividades lúdicas
A partir do outono de 2016, o novo currículo do ensino primario de Finlandia introducirá o xogo e o canto como principais métodos para aprender linguas estranxeiras.
Fonte: YLE
Cae o número de estudantes de indonesio en Australia
Un político da oposición australiana advertiu que o estudo da lingua indonesia está en risco de desaparición dos programas formativos das universidades de Australia e isto significaría unha perda irreversible para o país.
Fonte: The Guardian
Membros das Primeiras Nacións do Canadá reúnense en Saskatoon para falar de como preservar as súas linguas nativas
Membros das Primeiras Nacións, a comunidade de pobos indíxenas canadenses, reuníronse en Saskatoon para intercambiar ideas sobre a preservación de cadansúas linguas indíxenas.
Fonte: CBC
Unha universidade canadense concede un premio ao mellor estudante en lingua portuguesa
A Universidade de York, en Toronto, Canadá, lanzou un premio para incentivar o estudantado da institución de ensino a iniciarse no estudo do portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
O aeroporto de Río de Janeiro incorpora mensaxes visuais en lingua de signos
Os monitores do aeroporto Santos Dumont de Rio de Janeiro (Brasil) inclúen a partir de agora mensaxes visuais adaptadas á lingua de signos brasileira.
Fonte: Portal Brasil
Un acordo permitirá o ensino de linguas no Canadá e o Brasil
O Brasil e o Canadá asinaron un acordo de colaboración que permitirá o ensino do portugués no Canadá e o francés e o inglés no Brasil.
Fonte: Planeta Universitario
Un estudo revela que o número de falantes de galés se mantén estable
O estudo sobre os usos da lingua galesa 2013-2015 revela un pequeno ascenso no número de falantes de galés. Porén, os datos mostraron un descenso de falantes nas zonas onde a lingua estaba máis arraigada.
Fonte: Wales Online
Demandan apoio para contratar máis profesores de portugués en Macau
O secretario de Economía e Finanzas de Macau solicitou apoio para a contratación de máis profesores de portugués co fin de promover os negocios cos países lusófonos.
Boletín
Subscríbase ao boletín