Mundo
Un estudo de Margarita Ledo sobre o papel das linguas minorizadas no cinema é obxecto de debate na Universidade de París
Un encontro da Universidade de París debateu a necesidade de mudar as políticas europeas respecto á accesibilidade dos cinemas en linguas minorizadas da man dun estudo elaborado pola académica Margarita Ledo: "Cara ao espazo dixital europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal".
Fonte: Real Academia Galega
Solicítanlle ao Goberno de Macau unha aclaración sobre a política de ensino do portugués
Un deputado da Asemblea Lexislativa de Macau solicitoulle ao Goberno da antiga colonia portuguesa que aclarase cal vai ser a política respecto ao ensino do portugués e apoiou o desenvolvemento dun modelo autónomo e pautado para esta lingua.
Fonte: Sapo
Unha ferramenta permitirá traducir contidos educativos á lingua de signos brasileira
O Ministerio de Educación do Brasil seleccionou unha ferramenta coa que o alumnado con discapacidades auditivas do sistema público de ensino poderá traducir os contidos educativos á lingua de signos.
Fonte: Blastingnews
Un cidadán portugués lanza en Alemaña unha iniciativa para fomentar a aprendizaxe da lingua portuguesa
Un cidadán portugués creou en Alemaña unha libraría en liña de literatura en lingua portuguesa coa intención de ensinarlles esta lingua aos seus fillos e promover a cultura lusa.
Fonte: RTP
Publícase unha versión do sitio web do Ministerio de Asuntos Exteriores lituano en lingua polaca
Co fin de mellorar a cooperación entre Lituania e Polonia, o Ministerio de Asuntos Exteriores do país báltico anunciou o lanzamento dunha versión do seu sitio web en lingua polaca.
Fonte: The Baltic Course
O Ministerio de Cultura de Irlanda do Norte apoia a creación dun centro para a aprendizaxe do gaélico en Belfast
A ministra de Cultura de Irlanda do Norte, Caral Ni Chuilin, anunciou que o seu departamento destinará a suma de 160 000 libras para a creación dun centro de aprendizaxe de gaélico irlandés.
Fonte: Newsletter
Unha artista galega recibe en Arxentina un premio por unha canción en galego
A artista coruñesa Tania Fuegho recibe en Arxentina o premio á mellor solista feminina de España 2015 por unha canción interpretada en lingua galega.
Fonte: Comunicae
O presidente da República portuguesa reitéralle ao secretario xeral da ONU a necesidade de promover o portugués
O presidente da República portuguesa lémbralle a Ban Ki-moon, secretario xeral da ONU, a importancia de promover o portugués como lingua oficial da organización.
Fonte: Público
China quere ofrecerlles servizos en inglés aos estranxeiros que decidan lidar co sistema chinés
China quere ofrecer servizos legais en inglés en todo o país para os estranxeiros que decidan establecer negocios ou investir no país.
Fonte: RTP
A plataforma de vendas en liña Snapdeal estará dispoñible nun total de 12 linguas
Snapdeal, a maior plataforma de vendas en liña da India, lanzou unha versión da súa interface para móbiles en hindi e telugú. A partir de xaneiro, incorporaranse outras 9 linguas oficiais do país asiático.
Fonte: The Economic Times
Boletín
Subscríbase ao boletín