Mundo
Os brasileiros teñen dificultades para aplicar o Acordo Ortográfico
Malia seren de aplicación oficial, as novas regras do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa son difíciles de usar para moitos brasileiros, especialmente o alumnado de centros educativos que agora debe empregar obrigatoriamente a nova grafía.
Fonte: Cruzeiro do Sul
O anteproxecto da nova constitución de Alxeria prevé a oficialización do tamazight
O anteproxecto da nova constitución de Alxeria incluirá o recoñecemento oficial do bérber ou tamazight e a creación dunha Academia Alxeriana da Lingua Bérber.
Fonte: Jornalet
Unha campaña do British Council anima os británicos a aprender linguas estranxeiras
O continuo descenso do número de estudantes de idiomas modernos no ensino público do Reino Unido levou o British Council a lanzar unha campaña sobre a importancia de aprender linguas estranxeiras.
Fonte: BBC
As entidades públicas do Perú xa poden empregar os alfabetos normalizados de 31 linguas indíxenas
O Goberno do Perú recoñeceu os alfabetos de 31 linguas indíxenas que se poderán comezar a empregar na Administración pública.
Fonte: El País
O Goberno brasileiro oponse a unha iniciativa que pretendía ampliar o uso das linguas indíxenas
O Goberno de Dilma Rousseff veta un proxecto de lei que avogaba polo uso das linguas indíxenas en todas as etapas educativas.
Fonte: Pravda
O tribunal de xustiza da cidade turca de Diyarbakır ofrecerá servizo de interpretación en catro linguas
As persoas que non falen turco poderán recibir servizos de interpretación en kurdo, árabe, inglés e zazaki no tribunal de xustiza de Diyarbakır.
Fonte: Hurriyet Daily News
Aumenta significativamente o número de estudantes de galés na Patagonia
Segundo datos ofrecidos polo British Council, produciuse na Patagonia un incremento no número de estudantes de galés. Tres profesores procedentes do País de Gales ensinan a lingua galesa a máis de 1000 estudantes, o que representa o maior número rexistrado ata o momento.
Fonte: Daily Post
O crioulo portugués de Malaca, en Malaisia, está en perigo de extinción
Arredor de cen persoas do estado malaio de Malaca loitan por salvar da extinción unha variedade lingüística derivada do portugués.
Fonte: Público
Catro novas escolas ofrecerán un ensino bilingüe no estado brasileiro de São Paulo
A Secretaría de Educación do estado de São Paulo inaugurou catro novas escolas indíxenas que ofrecerán un ensino intercultural e bilingüe.
O Parlamento de Francia rexeita a proposición de lei que pedía máis protección para as linguas rexionais
A Asemblea Nacional francesa rexeitou a proposición de lei que avogaba pola inmersión lingüística das linguas rexionais e minorizadas e a súa promoción no espazo público e audiovisual.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín