Mundo

Medra o interese pola lingua portuguesa en Namibia

Un acordo do Goberno portugués e a proximidade de Angola contribúen ao aumento do alumnado interesado en aprender portugués en Namibia.

Fonte: RTP

Unha escola internacional de Luxemburgo ensinará o portugués

O Goberno luxemburgués aproba a introdución da lingua portuguesa como idioma de ensino na Escola Internacional de Differdange.

Fonte: Revista Port

O estado brasileiro de Amazonas terá unha escola bilingüe con xaponés

A Secretaría de Estado de Educación do Brasil financiará a creación da primeira escola pública bilingüe portugués-xaponés no estado de Amazonas.

Fonte: Em tempo

Diversas entidades bretoas demandan unha lei que protexa as linguas rexionais de Francia

Un grupo de entidades bretoas envioulles unha carta aos parlamentarios bretóns na Asemblea Nacional de Francia para que fagan todo o posible para que se aprobe unha lei que protexa as linguas e culturas minorizadas como a bretoa.

Fonte: Nationalia

Un estudo da Universidade de Luxemburgo analizará a importancia de aprender a lingua materna para o éxito académico

Un estudo da Universidade de Luxemburgo, que conta coa participación do Instituto Camões, analizará a importancia de aprender a lingua materna para o éxito académico de alumnado de orixe portuguesa.

Fonte: Mundo Português

Nace en Sardeña un instituto de investigación e formación de ámbito lingüístico e cultural

Un grupo de escritores e investigadores crearon o Instituto Sardo-Corso de Formación e Investigación (ISCOFOR, polas súas siglas en italiano) que desenvolverá iniciativas de carácter histórico, lingüístico, literario e cultural sobre Sardeña, Córsega e outras rexións do Mediterráneo.

Fonte: Buongiorno Alghero

O dicionario de portugués Priberam poderá empregarse cos programas do paquete Office

A empresa de servizos lingüísticos Priberam habilitou un suplemento que permitirá a consulta de catro dos seus dicionarios en varios programas de Microsoft Office.

Fonte: Wintech

Lombardía presenta unha proposición de lei que protexerá as variantes lingüísticas da rexión

O partido político Lega Nord presenta unha proposición de lei na rexión de Lombardía que permitiría a promoción, protección e conservación da lingua lombarda e das súas variantes.

Fonte: L'Alto Milanese

A Universidade do Miño celebrará un encontro académico sobre as boas prácticas no ensino e aprendizaxe das linguas

O Centro de Linguas do Instituto de Letras e Ciencias Humanas da Universidade do Miño organizará un encontro que analizará as boas prácticas no ensino e a aprendizaxe das linguas.

Fonte: Gazeta do Rossio

Unha asociación premia a Universidade de Indiana polo seu nivel de ensino de portugués e español

A Asociación Americana de Profesores de Español e Portugués premiou o Departamento de Portugués e Español da Universidade de Indiana (EUA) pola súa excelencia no ensino destas linguas.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder