Mundo
Miranda do Douro pídelle ao Goberno portugués que ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias
O presidente do Goberno municipal de Miranda do Douro pediulle ao ministro de Cultura portugués, João Soares, que asine a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias co fin de valorizar a lingua mirandesa.
Fonte: RTP Notícias
Os refuxiados da rexión de Aveiro recibirán clases gratuítas de portugués
Unha iniciativa de apoio á Plataforma de Axuda aos Refuxiados de Portugal permitirá que a Universidade de Aveiro lles ensine gratuitamente a lingua portuguesa aos refuxiados de Siria que vivan na rexión.
Fonte: Cidades
As novas canles da televisión pública de Timor Leste incluirán programas subtitulados en portugués
Timor Leste disporá das súas primeiras canles de televisión con contidos propios que incluirán programas subtitulados en portugués para contribuír á difusión desa lingua no país asiático.
Solicítanlle ao Goberno de Gales maior apoio institucional á inmersión en lingua galesa
O grupo a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa) pediulle á Asemblea de Gales que amplíe a oferta de centros de inmersión lingüística en galés co fin de espallar este modelo de ensino a máis nenos e nenas de todo o país.
Fonte: South Wales Argus
A maioría das linguas indíxenas de México corre o risco de desaparecer
Unha académica da Universidade Iberoamericana Cidade de México declarou que a falta de estándar escrito é unha das principais razóns da preocupante situación das linguas indíxenas de México. Actualmente, 64 dun total de 68 corren o risco de desaparecer.
Fonte: Excelsior
Un coloquio debaterá en Perpiñán a inmersión lingüística en linguas autóctonas
O Instituto Superior das Linguas da República Francesa celebrará en Perpiñán un coloquio sobre o ensino de inmersión en linguas autóctonas.
Fonte: Jornalet
O municipio bretón de Riantec adhírese á carta de apoio á lingua bretoa
Un novo municipio da Bretaña francesa aprobou a súa adhesión á carta de apoio á lingua bretoa "Ya d'ar brezhoneg" que inclúe 55 accións de promoción e difusión do bretón.
Fonte: Le Télégramme
O presidente de Chipre envíalle unha carta á UE para pedir a oficialización da lingua turca
Por medio dunha carta á Unión Europea, o presidente de Chipre, Nicos Anastasiades, pediu a oficialización da lingua turca en Europa, idioma que fala o 20 % da poboación do país insular.
Fonte: Shanghai Daily
Ábrense as inscricións para a quinta edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa
Botou a andar a quinta edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa, iniciativa promovida polo Ministerio de Educación do Brasil co obxectivo de perfeccionar o ensino da lingua portuguesa nas escolas públicas.
Fonte: Globo
O novo currículo escolar do Brasil elimina a obrigatoriedade do estudo da literatura portuguesa
A reforma do currículo escolar brasileiro non recolle a obrigatoriedade do estudo da literatura portuguesa. O Goberno de Dilma Rousseff revisará o proxecto ante as críticas suscitadas por esta iniciativa.
Fonte: Diário de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín