Mundo

Portugal quere introducir o ensino do portugués como lingua estranxeira no currículo das escolas francesas

O embaixador de Portugal en Francia anunciou que os gobernos de Portugal e Francia chegarán a un acordo para introducir o ensino do portugués como lingua estranxeira nos plans de estudos do ensino público.

Fonte: Expresso

O Instituto Camões inaugura as súas novas instalacións en Luxemburgo

O Instituto Camões inaugurou a súa nova oficina en Luxemburgo co nome de Centro Cultural Portugués. Ao acto asistiron o primeiro ministro luxemburgués, Xavier Bettel e Teresa Ribeiro, secretaria de Estado de Cooperación do Goberno portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

Un senador de Porto Rico quere que o español sexa o primeiro idioma da illa

Con motivo do Congreso Internacional da Lingua Española (CILE), o senador de Porto Rico Antonio Fas Alzamora mostrouse partidario de declarar o español primeiro idioma oficial da illa caribeña.

Fonte: Telemundo

Os pobos indíxenas do Canadá esperan que os orzamentos do Goberno inclúan medidas a favor das linguas vernáculas

Representantes das Primeiras Nacións do Canadá esperan que o executivo aprobe partidas orzamentarias máis favorables coas linguas indíxenas.

Fonte: iPolitics

O Instituto Cervantes quere implantarse en países de Asia e África Subsahariana

O director do Instituto Cervantes, Víctor García de la Concha, declarou nunha sesión plenaria do Congreso Internacional da Lingua Española de Porto Rico que o reto actual da institución é implantarse en países de Asia e África Subsahariana.

Fonte: El Día

Un proxecto do British Council axuda os docentes a ensinar linguas estranxeiras no Líbano

O programa do British Council "Fortalecer o Ensino nunha Sociedade Plurilingüe" aspira a capacitar docentes libaneses no ensino das linguas estranxeiras.

Fonte: Al Arabiya

Suprimen un proxecto que promove a transmisión xeracional do galés

O Goberno do País de Gales decidiu suprimir un programa que animaba a pais e nais a transmitiren aos seus fillos a lingua galesa.

Fonte: Daily Post

Traducirán ao chinés unha obra do escritor mozambicano Mia Couto

A sección chinesa da casa editorial Penguin Books traducirá ao chinés a obra Confissão da Leoa, do autor mozambicano Mia Couto. Trátase da primeira obra dun autor mozambicano traducida a esta lingua.

Fonte: Observador

Guinea Ecuatorial apoiarase nas universidades para implantar o ensino do portugués no país

O embaixador de Guinea Ecuatorial en Portugal, Tito Mba Ada, pediulles apoio ás universidades lusófonas para promover o ensino do portugués no país.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Convócase unha manifestación a favor da lingua bretoa

Un colectivo a prol da lingua bretoa convoca unha manifestación para demandar a sinatura dun acordo que garanta unha verdadeira política institucional a favor do bretón.

Fonte: Le Télégramme

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder