Mundo

A Asemblea de Gales obrigará as entidades locais a ofrecer cursos de formación en lingua galesa

A Asemblea Nacional de Gales acaba de aprobar unha serie de medidas que obrigarán as entidades locais a ofrecer cursos de formación e materias extraescolares en lingua galesa.

Fonte: South Wales Argus

O inglés e o suízo alemán son as linguas máis demandadas en Suíza

Un estudo realizado mostra que o inglés e o suízo alemán son dúas das linguas máis demandadas polas empresas de contratación en Suíza. O inglés continúa sendo un requisito indispensable para traballar en empresas multinacionais mentres que o suízo alemán se converte nunha vantaxe en alza en todo o país.

Fonte: Bilan

Cómpren máis médicos de familia que dominen a lingua galesa

A agrupación en defensa da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg demandou que se incremente o número de médicos que falen galés en Gales. As últimas cifras mostran que só 368 médicos declararon que podían falar galés en 2015.

Fonte: Wales Online

Unha iniciativa quere equiparar as linguas indíxenas de México ao español

A Comisión de Asuntos Indíxenas da Cámara de Deputados de México presentou unha iniciativa que pretende reformar a constitución mexicana co fin de que as linguas indíxenas teñan o mesmo rango xurídico e social que o español.

Fonte: Excélsior

O Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa homenaxeará o 20 aniversario da CPLP

A cidade de Lisboa albergará unha nova edición do FESTin, o Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa. A edición deste ano homenaxeará o 20 aniversario da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: Portugal Digital

Luxemburgo mantén o requisito de dominio do luxemburgués para conseguir a nacionalidade

O Goberno de Luxemburgo aprobou un proxecto de lei que esixe a realización de exames de luxemburgués como requisito para poder obter a nacionalidade.

Fonte: Mundo Português

O navegador Firefox xa está dispoñible en lingua guaraní

Grazas ao traballo de académicos da Universidade Nacional de Asunción, o explorador Mozilla Firefox está agora dispoñible en lingua guaraní.

Fonte: Jornal Floripa

Unha asociación estudantil demanda un cambio no ensino da lingua irlandesa

A Unión de Estudantes de Irlanda (USI, polas súas siglas en inglés) demandou que se cambie o modo de ensinar o gaélico irlandés na educación pública do país. Os estudantes defenderon unha estratexia de aprendizaxe centrada na adquisición de competencias orais en contextos de inmersión.

Fonte: Donegal Now

O Goberno de Irlanda do Norte podería ser xulgado pola súa ineficacia á hora de aprobar políticas que protexan o gaélico

Unha organización cultural a prol da lingua irlandesa quere levar o Goberno de Irlanda do Norte aos tribunais pola súa ineficacia á hora de promover e protexer o gaélico irlandés.

Fonte: Irish Examiner

A Festa da Escola Pública Vasca celebrarase por primeira vez no País Vasco francés

Por primeira vez nos seus 25 anos de historia, a Festa da Escola Pública Vasca celebrarase en Hendaia e terá como obxectivo promover o ensino público en éuscaro no País Vasco francés.

Fonte: El Correo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder