Mundo
Dous mozos investigadores dos EUA inventan unhas luvas que traducen lingua de signos
Dous alumnos da Universidade de Washington inventaron unhas luvas que poden interpretar o movemento das mans e traducir lingua de signos.
Fonte: Boas Notícias
O Instituto Camões ofrece bolsas destinadas ao estudo e á investigación en lingua e cultura portuguesas
Os estudantes e docentes de portugués en universidade estranxeiras poderán optar a seis bolsas destinadas a estudar a lingua portuguesa e a investigar sobre ela.
Fonte: Mundo Português
Unha nova edición da carreira Ar Redadeg reivindicará a transmisión xeracional do bretón
A carreira reivindicativa Ar Redadeg percorrerá durante nova días a xeografía da Bretaña para fomentar o uso da lingua bretoa e recadar diñeiro para proyectos a prol do idioma vernáculo.
Fonte: Nationalia
Unha iniciativa busca potenciar o teatro escrito en lingua galesa
O teatro Sherman Cymru, situado en Cardiff, capital do País de Gales, botou a andar unha iniciativa coa que pretende descubrir dramaturgos que escriban en galés e potenciar así o teatro escrito nesta lingua.
Fonte: The Stage
A lingua portuguesa pode converterse en lingua de traballo do Comité Olímpico Internacional
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Artur Santos Silva, declarou que o feito de que os Xogos Olímpicos se celebren este ano no Brasil pode ser unha oportunidade para que o portugués se converta en lingua de traballo do Comité Olímpico Internacional.
Fonte: Notícias ao Minuto
Organízanse 200 actividades culturais para celebrar o Día da Lingua Portuguesa
Portugal organizará 200 accións culturais para celebrar o Día da Lingua Portuguesa nun total de 58 países. O lema deste ano é "Unha lingua grande, como os mares".
Fonte: Observador
O presidente da República portuguesa reabre o debate sobre o acordo ortográfico
O presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, aproveitará a súa visita oficial a Mozambique para reabrir o debate sobre o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa. O país africano podería non ratificar o acordo e isto sería unha oportunidade para repensar este asunto.
Fonte: Expresso
Unha nova edición do congreso de escolas occitanas analizará a situación actual do ensino nesta lingua
A 29 edición do Congreso das Escolas de Inmersión en Occitano reunirá expertos e nais e pais co fin de analizar a situación actual do ensino nesta lingua e os desafíos que presenta o futuro. Na actualidade, 65 centros educativos integran este proxecto de inmersión.
Fonte: Nationalia
A NPLD e o Consello de Europa exploran vías de colaboración en materia de promoción da diversidade lingüística
Con motivo dunha reunión en Estrasburgo, o presidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, polas súas siglas en inglés), Patxi Baztarrika, pediulle ao responsable da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa colaboración en materia de diversidade lingüística.
Fonte: La Vanguardia
Unha petición demándalle ao Goberno británico que continúe financiando a promoción da lingua córnica
Máis de 5000 persoas xa asinaron a petición en liña que lle demanda ao Goberno británico que continúe financiando o desenvolvemento da lingua córnica.
Fonte: Nationalia
Boletín
Subscríbase ao boletín