Mundo
A aplicación Duolingo publica un mapa coas linguas que máis se aprenden no mundo
A aplicación de aprendizaxe de linguas Duolingo publicou un mapa onde se pode ver, por países, cales son as linguas que máis se aprenden no mundo. Á cabeza están o inglés, o francés e o español.
Fonte: Le Vif
Un informe dun hospital de Nunavut lembra o impacto que as barreiras lingüísticas teñen na seguridade dos pacientes
Un informe do hospital xeral Qikiqtani da cidade de Iqaluit, no territorio canadense de Nunavut, revela que a incapacidade do persoal médico de comunicarse cos pacientes en lingua inuktitut supón un risco para a súa saúde.
Fonte: CBC
Publícase a primeira banda deseñada en galés en vinte anos
O caricaturista galés Huw Aaron publica Mellten, a primeira banda deseñada en galés en máis de 20 anos. Este aventura gráfica está pensada para xente nova e estudantes de lingua galesa.
Fonte: Wales Online
A ferramenta de tradución de Google incorpora unha actualización que axiliza a comunicación en linguas estranxeiras
A ferramenta de tradución de Google acaba de incorporar unha actualización que permite traducir instantaneamente mensaxes a linguas estranxeiras dun xeito moito máis simple e rápido: a partir de agora os usuarios de Android non terán que pasar polo Tradutor de Google para entenderse con outros usuarios que falen outras linguas.
Fonte: The Telegraph
Inventan un aparello auditivo que pode traducir linguas en tempo real
Unha empresa emerxente dos EUA lanzou un aparello auditivo que permite traducir en tempo real conversas de interlocutores que falen linguas diferentes.
Fonte: News Discovery
Unha aplicación permite enviar mensaxes en linguas orixinarias de Australia, Canadá, EUA e Nova Zelandia
Unha nova aplicación permite aos falantes de máis de 100 pobos indíxenas de Australia, Canadá, EUA e Nova Zelandia escribir mensaxes en liña nas súas linguas orixinarias. Esta nova ferramenta permitirá revitalizar o uso social destes idiomas.
Fonte: CBC
Un estudo revela que a maioría dos universitarios portugueses pode falar unha lingua estranxeira
Un estudo realizado pola rede de colaboración Universia e o sitio de emprego Trabalhando.com revelou que o 80 % dos universitarios portugueses pode expresarse nunha segunda lingua.
Fonte: Delas
A Fundación Oriente en Timor Leste outorga o Premio Lingua Portuguesa a dous contos timorenses
A Fundación Oriente en Timor Leste outorgou o Premio da Lingua Portuguesa a dous contos que se inspiran na tradición timorense.
Fonte: Diário de Notícias
Demandan unha convención firme para o ensino do occitano
A presidenta da rexión Languedoc-Rosellón-Mediodía-Pireneos avoga pola creación dunha convención común das academias de Tolosa e Montpellier a favor do ensino da lingua occitana.
Fonte: La Setmana
Nace unha nova aplicación musical para aprender gaélico escocés
Unha nova aplicación permitirá que os nenos e nenas escoceses aprendan gaélico por medio da música tradicional.
Fonte: Scotland Now
Boletín
Subscríbase ao boletín