Mundo

Inventan un robot con aparencia humana que fala chinés e inglés

Alumnado da Universidade de Ciencias e Tecnoloxía de China desenvolveu un robot con aparencia humana que é capaz de falar dúas linguas: chinés e inglés.

Fonte: SapoTek

O Ministerio de Educación de Portugal quere que o portugués e as linguas estranxeiras se impartan en clases máis reducidas

O Ministerio de Educación de Portugal quere implantar medidas para que as clases de portugués e linguas estranxeiras poidan ter menos alumnado e poder así dedicar máis tempo á realización de exercicios prácticos.

Fonte: Expresso

O secretario executivo da CPLP defende a pertinencia do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

O secretario executivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, Murade Murargy, defendeu a pertinencia do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa e criticou o debate que cuestiona a validez deste consenso lingüístico.

Fonte: Dnoticias

Traducen "O Principiño" á lingua aimará

O Principiño (en francés Le Petit Prince), libro publicado en 1943 polo autor francés Antoine de Saint-Exupéry, xa está dispoñible en lingua aimará, grazas á tradución dun profesor peruano.

Fonte: ZH Notícias

O chinés colle forza no sistema educativo de Kazakhistán

A medida que medra o poder económico de China en Kazakhistán, o chinés está comezando a substituír o inglés como lingua estranxeira no ensino público. O número de estudantes que decide aprender chinés é cada vez maior e aumenta a un ritmo constante.

Fonte: Ft.com

Un candidato bretón ás eleccións presidenciais defenderá a oficialización das linguas rexionais en Francia

O actual alcalde da cidade bretoa de Carhaix (Karaez en bretón) e candidato ás eleccións presidenciais de Francia, Christian Troadec, defenderá na súa campaña a oficialización das linguas rexionais e minoritarias de Francia.

Fonte: Nationalia

O Tribunal de Xustiza da UE establece que os cidadáns teñen dereito a recibir notificacións escritas na súa lingua

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea aclarou nunha notificación enviada a un xulgado de Barcelona que os cidadáns teñen dereito a recibir as comunicacións na súa lingua propia.

Fonte: La Vanguardia

Un estudo da Universidade de Washington revela que a actividade cerebral inflúe na facilidade para aprender linguas

Un estudo realizado na Universidade de Washington revela que as persoas que aprenden linguas con máis facilidade rexistran maior actividade neuronal en certos lugares do cerebro.

Fonte: Daily Mail

Iníciase unha campaña para salvar o ensino do occitano en Provenza

Os centros de ensino de tres localidades da rexión francesa de Provenza non impartirán clases de occitano-provenzal a partir do próximo curso 2016-2017. Para condenar esta medida, a asociación Iniciativa por Occitania iniciou unha campaña de protesta.

Fonte: Jornalet

O ministro de cultura de Mozambique declara que o país africano ratificará o Acordo Ortográfico

O ministro de Cultura de Mozambique, Silva Dunduro, declarou que o seu goberno ratificará o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa cando sexa oportuno. Antes de aprobalo, o país debe valorar as vantaxes e desvantaxes que pode ter este consenso lingüístico.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder