Mundo

Os funcionarios do Parlamento de Guinea Ecuatorial aprenderán portugués

Unha representante do Senado de Guinea Ecuatorial aclarou que os parlamentarios do país africano recibirán clases de portugués, sobre todo aqueles que traballen en postos de contacto coa CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

Unha nova lexislación en Alemaña obrigará os refuxiados a aprender alemán

A coalición de goberno de conservadores e socialdemócratas de Alemaña aprobou novas leis que obrigarán os refuxiados que cheguen ao país a aprender alemán.

Fonte: UPI

Nova Zelandia aproba unha nova lei para revitalizar a lingua maorí

Nova Zelandia acaba de aprobar unha nova lei que garantirá a revitalización da lingua maorí a nivel local. Este novo documento oficial substituirá a lexislación anterior de 1987.

Fonte: Newshub

Unha nova lei lingüística regulamentará os rótulos dos establecementos comerciais no Quebec

O Goberno do Quebec está a punto de aprobar unha nova lexislación que permitirá ás grandes superficies empregar exclusivamente nomes en inglés na súa rotulación comercial.

Fonte: CBC

Cúmprense sete anos da publicación da Palabra do Día no dicionario en liña Priberam

Un equipo de lingüistas leva sete anos publicando a sección "Palabra do Día" no dicionario en liña da lingua portuguesa Priberam.

Fonte: SapoTek

A nova lei a favor do maorí crea unha institución que velará pola promoción do idioma vernáculo

A nova lei a prol da lingua maorí aprobada polo Parlamento de Nova Zelandia crea o organismo Te Matawai co obxectivo de liderar o proceso de recuperación da lingua.

Fonte: Natonalia

Un estudo alerta sobre a posible desaparición das linguas indíxenas do Brasil

Un estudo elaborado polo Instituto de Estudos da Linguaxe da Universidade Estatal de Campinas revelou que as 181 linguas indíxenas existentes actualmente no Brasil están en perigo de desaparición.

Fonte: EBC

A capital de Timor Leste acollerá un encontro que abordará a difusión da lingua portuguesa

Un encontro na Universidade Nacional Timor Lorosa'e, en Dili (Timor Leste), debaterá a difusión e desenvolvemento das ciencias en lingua portuguesa con máis de 150 institucións de ensino superior da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: RTP Notícias

Unha nova escola de inmersión en galés será construída en Cardiff

Unha escola de inmersión en lingua galesa abrirá as súas portas na cidade de Cardiff e daralles servizo aos distritos de Grangetown e Blutetown. Con este proxecto satisfaise a demanda dun grupo de pais que levaba tempo solicitando a súa apertura.

Fonte: Wales Online

O Parlamento Europeo móstrase disposto a oficializar o turco na Unión Europea

Un informe do Parlamento Europeo recomenda secundar a iniciativa do presidente chipriota Nicos Anastasiades e converter o turco en lingua oficial da Unión Europea. A proposta contou con 375 votos a favor na Eurocámara.

Fonte: France 24

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder