Mundo
O francés perde terreo nalgúns lugares de tradición francófona
Con máis de 270 falantes no mundo, a lingua de Molière perde falantes nalgúns lugares do mundo onde a Organización Internacional da Francofonía considera que existe tradición francófona.
Fonte: Nationalia
Celébrase en todo o mundo a Semana da Lingua Francesa
Unha multitude de iniciativas e actividades culturais teñen lugar en todo o mundo con motivo da Semana da Lingua Francesa e a Francofonía.
Fonte: Le Figaro
Unha escola infantil de Suecia ensinará unha lingua escandinava antiga
Unha escola infantil da localidade sueca de Älvdalen ensinará en elfdaliano, unha antiga lingua escandinava falada por aproximadamente 2500 persoas.
Fonte: BBC
O Google Maps ofrece toponimia en lingua occitana
Grazas ao labor da organización catalá Plataforma per la Llengua, os usuarios que configuren o seu navegador en catalán poderán ver a toponimia de Occitania en lingua occitana.
Fonte: Nationalia
O censo de poboación de Angola revela que 18 millóns de persoas falan portugués no país africano
O censo poboacional realizado polo Instituto Nacional de Estatística de Angola en 2014 revelou que case 6 millóns de angolanos falan unha lingua nacional na casa. O portugués é falado por pouco máis do 70 % da poboación, sobre todo nas zonas urbanas.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Oficina Pública da Lingua Occitana destinará diñeiro á transmisión e uso do occitano
A Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) anunciou que destinará unha partida orzamentaria a iniciativas que fomenten e garantan o uso e a transmisión da lingua occitana. Entre as accións saliéntanse o apoio ás escolas de inmersión en occitano e a creación dun premio en materia de política lingüística.
Fonte: Jornalet
Un encontro reúne investigadores en Miranda do Douro para compartir experiencias sobre a lingua mirandesa
O concello de Miranda do Douro celebra un encontro internacional que reúne investigadores de seis países europeos para analizar a lingua mirandesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Saber falar xaponés convértese nunha vantaxe á hora de atopar emprego no Brasil
Un estudo elaborado por un sitio en liña de busca de emprego no Brasil revela que o xaponés é a cuarta lingua estranxeira máis demandada nos procesos selectivos.
Fonte: IPC Digital
Atopan unha pedra con inscricións en lingua etrusca
Un grupo de arqueólogos italianos descubriu unha pedra con inscricións en lingua etrusca que podería ofrecer máis datos sobre esta civilización antiga en Italia.
Fonte: Ars Technica
As universidades do Miño e Luxemburgo asinan un acordo de colaboración para fortalecer a aprendizaxe do portugués
As universidades do Miño e Luxemburgo traballarán xuntas nun proxecto de colaboración que pretende fortalecer a aprendizaxe da lingua portuguesa en Luxemburgo para así combater o fracaso escolar.
Fonte: Wort
Boletín
Subscríbase ao boletín