Mundo

Un ditame abre a posibilidade de que o mapuche se converta en lingua oficial na rexión chilena da Araucania

Un ditame elaborado por unha oficina pública da República de Chile permitiría ao Goberno da rexión da Araucania a opción de oficializar a lingua mapuche.

Fonte: La Tercera

As sentenzas en quechua, aimará e outras linguas autóctonas garanten os dereitos dos pobos indíxenas peruanos

O presidente peruano do Poder Xudicial defendeu que se diten sentenzas en linguas indíxenas no Primeiro Congreso Internacional “O pluralismo xurídico e o exercicio dos dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas”.

Fonte: Andina

A construción do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança está aínda á espera de financiamento

A cidade portuguesa de Bragança acollerá o Museo da Lingua Portuguesa. O proxecto aínda está á espera de recibir o financiamento de entidades europeas.

Fonte: Nordeste

A defensa da lingua portuguesa do Jornal de Letras mantense inalterable cando se cumpren 35 anos da súa creación

A publicación quincenal portuguesa Jornal de Letras, Artes e Ideias celebra o seu trixésimo quinto aniversario mantendo o obxectivo para o que naceu: a defensa e promoción da lingua portuguesa.

Fonte: RTP Notícias

Timor Leste precisa de axuda para mellorar o ensino en lingua portuguesa

Timor Leste quere garantir un ensino de calidade en lingua portuguesa e precisa para acadalo do apoio de todos os membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

A canle en lingua galesa S4C decide subtitular en inglés moitos dos seus programas

A canle en fala galesa S4C introducirá subtitulación en inglés en moitos dos seus programas. Esta iniciativa foi duramente criticada por asociacións a prol da lingua vernácula como a Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg).

Fonte: Daily Post

Un proxecto converterá a Galway nunha cidade bilingüe

O presidente da República de Irlanda, Michael Higgins, apoiará a aprobación dun proxecto para converter a cidade de Galway nunha poboación bilingüe.

Fonte: Google Advertiser

A Universidade Masaryk de Brno, na República Checa, implanta a carreira de Lingua e Literatura Catalás

A Universidade Masaryk de Brno inaugurou oficialmente a titulación de Lingua e Cultura Catalás, co que a República Checa se converte no cuarto país non español en ofrecer en Europa esta carreira.

Fonte: Radio Praha

Solicitan máis presenza do catalán na televisión pública francesa

A Asociación para o Ensino do Catalán na Cataluña do Norte (APLEC, polas súas siglas en catalán) solicitoulles aos concelleiros escollidos nas últimas eleccións municipais que interveñan para incrementar o número de emisións de catalán na canle pública France 3.

Fonte: Jornalet

Un colectivo de Córsega inspírase na situación do galego e o catalán para debater sobre linguas cooficiais

O colectivo corso Parlemu Corsu organizou unha conferencia sobre cooficialidade na cidade corsa de Bastia que contou coa presenza do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e Mayan Balcells, representante da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Corsematin

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder