Mundo

Máis dun cuarto do alumnado de 21 escolas de Irlanda do Norte non ten o inglés nin o irlandés como linguas maternas

O Departamento de Educación de Irlanda do Norte revelou que máis dun cuarto do alumnado de 21 escolas primarias de toda Irlanda do Norte non ten o inglés nin o irlandés como linguas maternas.

Fonte: BBC

A Asemblea Nacional de Francia rexeita unha proposta que defende a protección do éuscaro no País Vasco francés

A Asemblea Nacional de Francia rexeita por un voto unha proposta de lei que defendía a protección do éuscaro no País Vasco francés e doutras linguas minorizadas de Francia.

Fonte: Deia

Alxeria proclama o tamazight como lingua oficial

O Parlamento de Alxeria aprobou unha norma que considera o tamazight ou bérber lingua oficial xunto ao árabe. Porén, a lingua minorizada queda un grao inferior respecto ao árabe que continúa sendo a única lingua do Estado.

Fonte: Nationalia

O New York Times presenta a súa edición en español

O diario estadounidense The New York Times presentou a súa edición web en español, de contido gratuíto e que inclúe unha selección dos mellores artigos da versión en inglés así como produción orixinal.

Fonte: Martí Noticias

Lituania é o segundo país de Europa en coñecemento de linguas estranxeiras

Lituania é o primeiro país báltico e o segundo de toda Europa, despois de Luxemburgo, en coñecemento de linguas estranxeiras: o 97 % dos lituanos entre 25 e 64 anos fala polo menos un idioma estranxeiro.

Fonte: Baltic Review

Un estudo revela que só un 33 % dos profesores de inglés do Brasil domina a lingua

Un estudo encargado polo British Council revela que tan só un 33 % de todos os profesores de inglés do ensino público brasileiro domina esta lingua.

Fonte: Administradores

A Universidade Federal de Río Grande do Sur ofrece un curso de lingua chinesa

A Universidade Federal de Río Grande do Sur oferta un curso de lingua chinesa do Instituto Confucio co fin de que os matriculados poidan recibir bolsas para cursar estudos en China ou atopar traballos en empresas que teñan negocios con este país asiático.

Fonte: ZH Educação

O club de fútbol Cardiff City volverá empregar o galés nos anuncios durante os seus partidos

Un grupo de afeccionados do Cardiff City, o equipo de fútbol da capital galesa, solicitou que o club volva empregar o galés xunto co inglés nos anuncios que se fagan nos partidos.

Fonte: Wales Online

A maior parte das autoridades locais de Escocia introducirá a aprendizaxe dunha segunda lingua no primeiro ano de primaria

Case un terzo das autoridades locais de Escocia impartirá clases dunha segunda lingua no primeiro ano do ensino primario.

Fonte: Holyrood

Uns 86 mil alumnos aprenden kurdo no norte de Siria

Este curso académico introduciuse o ensino do kurdo nalgunhas zonas do norte de Siria administradas pola comunidade kurda.

Fonte: Globo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder