Mundo
A freguesía portuguesa de Alvaräes inicia un programa de tempo libre que pretende preservar a lingua portuguesa
O programa "Vacacións divertidas de verán", promovido pola freguesía portuguesa de Alvaräes, en Viana do Castelo, pretende fomentar a aprendizaxe e preservación da lingua e tradicións portuguesas entre nenos e nenas que pasan as vacacións de verán na zona.
Fonte: Rádio Alto Minho
As linguas crioulas de orixe portuguesa están ameazadas no continente asiático
A lingua portuguesa é orixe de variedades lingüísticas crioulas en Malaisia, Sri Lanka, India, Paquistán e China (Macau). Porén, estas variedades están en risco de extinción, tal como informaron expertos nunha conferencia en Malaca (Malaisia).
Fonte: Diário de Notícias
A Comisión Europea confirma que o inglés e o gaélico irlandés seguirán sendo linguas oficiais
A Comisión Europea confirma que os resultados do referendo no Reino Unido non supoñen ningunha ameaza para o status do inglés e o irlandés como linguas oficiais en Europa.
Fonte: The Times
A última versión do Skype incorpora o árabe e o hebreo
Skype presentou unha nova versión da súa aplicación que incorpora soporte lingüístico en dous idiomas que se escriben de dereita á esquerda: o árabe e o hebreo.
Fonte: Android Community
Nun barrio dun distrito neoirquino fálanse máis de 130 linguas diferentes
O barrio de Jackson Heights, no distrito neoirquino de Queens, acolle persoas de moitas culturas que falan unhas 130 linguas diferentes. Un bo exemplo é o mustang, un dialecto do tibetano orixinario das montañas do Himalaia.
Fonte: PRI
Un colectivo occitano maniféstase en Pau para denunciar as diferenzas nas subvencións entre o vasco e o occitano
O colectivo occitanista Tòca-i se Gausas manifestouse en Pau para denunciar as diferenzas que existen actualmente entre as subvencións destinadas ao éuscaro e ao occitano. Os activistas aproveitaron a ocasión para reclamar tamén unha verdadeira política lingüística nesta rexión do sur de Francia.
Fonte: Jornalet
Nova Zelandia festexa a semana da lingua maorí
Nova Zelandia celebra a te Reo Maori, ou semana da lingua maorí. Máis de 4000 persoas participaron no acto inaugural da iniciativa que reivindica os dereitos lingüísticos dos falantes deste idioma polinesio.
Fonte: Staff
Facebook introducirá unha ferramenta multilingüe que revolucionará a rede social
A maior rede social do mundo anunciou a introdución dunha nova ferramenta que permitirá traducir unha mensaxe a diferentes linguas.
Fonte: NDTV
As escolas de alto rendemento académico de Helsinqui teñen unha baixa porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira
Os centros de ensino de alto rendemento académico ou as escolas especializadas da cidade de Helsinqui contan cunha pequena porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira que opta por escolas de formación profesional ou institutos convencionais. A causa pode estar na falta de suficientes habilidades lingüísticas en finés e sueco.
Fonte: YLE UUTISET
Francia rexeita que o corso poida ser cooficial en Córsega
O primeiro ministro francés, Manuel Valls, rexeitou as demandas dos nacionalistas corsos de converter a lingua corsa en lingua cooficial xunto co francés.
Fonte: The Local
Boletín
Subscríbase ao boletín