Mundo
A ministra de Educación de Francia anuncia a introdución do ensino do árabe nas escolas primarias
A ministra de Educación de Francia, Najat Vallaud Belkacem, anunciou a introdución do ensino opcional da lingua árabe nas escolas primarias. A medida levantou polémica entre a poboación e os medios de comunicación.
Fonte: RT
O Goberno de Ontario estudará a creación dunha universidade francófona en Toronto
O Goberno da provincia canadense de Ontario estudará a creación dunha universidade francófona en Toronto despois de que un informe avalase a súa idoneidade.
Fonte: ICI Radio Canada
O Goberno de Ecuador inaugura unha escola de fala quechua
O Goberno de Ecuador quere construír escolas co fin de promover o ensino das linguas de 14 etnias indíxenas do país. Polo momento inaugurou unha escola na vila quechua de Chibuleo.
Fonte: La Croix
Ucraína aproba medidas que obrigan as estacións de radio a emitir un mínimo de cancións en ucraíno
O Parlamento de Ucraína aprobou unha serie de medidas que obrigan as estacións de radio a respectar cotas mínimas de cancións en lingua ucraína. O propósito é incrementar a porcentaxe de cancións nesta lingua do 5 % actual ao 35 % en 2018.
Fonte: Ukraine Today
Miranda do Douro acolle con sorpresa o proxecto de creación do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança
O presidente do municipio de Miranda do Douro acolleu con sorpresa que a Asociación da Lingua Mirandesa non fose consultada sobre o proxecto de construción do Museo da Lingua Portuguesa en Bragança.
Fonte: RTP Notícias
Só unha ínfima parte dos funcionarios públicos de Bolivia ten coñecementos nunha lingua indíxena
Menos dun 5 % do funcionariado de Bolivia ten coñecementos básicos nunha lingua indíxena, anunciou o Goberno boliviano.
Fonte: Página Siete
Varias agrupacións a favor de diferentes linguas apostan pola permanencia do Reino Unido na UE
Varias agrupacións de apoio a linguas do Reino Unido e Irlanda asinaron unha carta na que alertan das consecuencias negativas que podería ter para estas linguas a ruptura de Gran Bretaña coa Unión Europea.
Fonte: Stornaway Gazette
A provincia italiana de Udine aproba axudas para a promoción da lingua friulana
A provincia de Udine, no norte de Italia, aprobou unha partida orzamentaria de 17 000 euros para a realización de actividades de promoción da lingua friulana.
Fonte: Udine 20
Unha boa parte das linguas que se falan na cidade de Nova York están ameazadas
Segundo unha investigación realizada pola ONG neoiorquina Endangered Language Alliance, unha boa parte das aproximadamente 800 linguas que se falan na cidade de Nova York están en risco de desaparición.
Fonte: New York Times
Un proxecto de biblioteca electrónica inclúe máis de 3000 libros en portugués
O proxecto de biblioteca electrónica Bibliotrônica Portuguesa da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa inclúe máis de 3000 libros en portugués europeo que poden ser consultados gratuitamente.
Fonte: Notícias ao Minuto
Boletín
Subscríbase ao boletín