Mundo
O equipo de fútbol do Manchester City presenta a súa conta de Twitter en catalán
O club de fútbol do Manchester City presentou unha conta oficial en lingua catalá que conta xa con máis de 10 000 seguidores.
Fonte: Jornalet
Abre un novo centro da lingua galesa en Swansea
O val de Swansea conta xa cun novo centro da lingua galesa que se dedicará a actividades educativas e de ensino do galés, así como á dinamización cultural. O centro recibiu financiamento da Universidade de Swansea e do Goberno do País de Gales.
Fonte: South Wales Evening Post
Emisoras públicas da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa estrean un programa de documentais en portugués
Emisoras públicas de televisión dos estados que integran a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa estrean Programa Nossa Língua, un espazo televisivo que retransmitirá documentais de todos os países lusófonos. O obxectivo non é outro que o intercambio cultural en lingua portuguesa.
Fonte: Mundo Lusíada
As novas leis alemás obrigan os demandantes de asilo a facer cursos de alemán
O Goberno alemán acaba de aprobar novas leis que obrigan os demandantes de asilo a facer cursos de lingua e integración para poder traballar e ficar no país.
Fonte: The Telegraph
O ministro de Educación do cantón de Ticino opina que o italiano non está ao mesmo nivel que as outras linguas suízas
O ministro de Educación do cantón de fala italiana de Ticino sente que, na problemática sobre que lingua ou linguas se deben ensinar nas escolas, Suíza esquece con frecuencia que o italiano é a terceira lingua nacional e que, por tanto, debe estar ao mesmo nivel que o alemán e o francés.
Fonte: The Local
Unha británica gaña o premio máis prestixioso da literatura en lingua alemá
A escritora británica de orixe ghanesa, Sharon Dodua Otoo, acaba de gañar o premio de narrativa de ficción Ingeborg Bachman, un dos máis importantes da literatura en lingua alemá, pola súa obra curta Herr Gröttrup setzt sich hin.
Fonte: The Guardian
Un total de 88 das 90 linguas indíxenas do Canadá están en fase de extinción
Unha análise recente estima que 88 das 90 linguas indíxenas do Canadá poderían desaparecer se non se toman as estratexias adecuadas para revitalizalas.
Fonte: Nationalia
A nova liña de atención telefónica de Save the Children en Italia informará en sete linguas
A organización non gobernamental Save the Children abriu unha nova liña de atención telefónica que dará apoio e orientación a menores en italiano, árabe, inglés, francés, tigriña, somalí e parsi.
Fonte: Stranieri in Italia
A localidade francesa de Saint-Girons abrirá unha escola de lingua occitana
A localidade francesa de Saint-Girons (Sant Guironç, en occitano) inaugurará o curso que vén unha escola de fala occitana (Calandreta de Coserans) que conta de momento con dez alumnos inscritos.
Fonte: Jornalet
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal vaticina a expansión internacional da lingua portuguesa
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, destacou o potencial de crecemento económico da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e vaticinou unha forte expansión para o portugués.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín