Mundo

O novo pasaporte da Unión Africana estará en cinco linguas

A Unión Africana presentou o seu novo pasaporte que facilitará o movemento de persoas por todo o continente. O documento conterá inscricións en 5 linguas: árabe, francés, inglés, portugués e suahili.

Fonte: Africa News

A comisaria de Lingua Galesa pide aos bancos máis compromiso co galés

A comisaria da Lingua Galesa, Meri Huws, declarou que os bancos suspenden á hora de ofrecer servizos en lingua galesa. Unha das prioridades segue sendo a tradución ao galés de servizos bancarios en liña.

Fonte: Wales Online

O presidente da República portuguesa defende o desenvolvemento do portugués como unha prioridade para a CPLP

Con motivo da celebración dos 20 anos da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, definiu o desenvolvemento do portugués como unha prioridade para o futuro.

Fonte: RTP

O Instituto Portugués do Oriente participa na Feira do Libro de Hong Kong

O Instituto Portugués de Oriente (IPOR) participa por segunda vez na Feira do Libro de Hong Kong co obxectivo de promover e difundir a literatura e a lingua portuguesas.

Fonte: Pont final

A Universidade de Macau organiza un curso de verán de portugués cunha elevada participación

Bota a andar a 30 edición do Curso de Verán de Lingua e Cultura Portuguesas na Universidade de Macau. Este ano, o evento contará coa maior participación da súa historia.

Fonte: Ponto final

Nove norteamericanos recibirán unha bolsa para estudar irlandés nunha zona de fala gaélica de Irlanda

O Departamento responsable dos asuntos das zonas de fala gaélica de Irlanda, a Comisión Fullbright Irlanda-Estados Unidos polo Intercambio Educativo e outras institucións de EUA e Canadá outorgaron unhas bolsas a 7 estadounidenses e 2 canadenses para estudar irlandés na zona de fala gaélica de Connemara.

Fonte: Irish Central

Google presenta unha nova interface que permite entender a linguaxe humana

Google acaba de presentar a nova interface "Cloud Natural Language" que permitirá desenvolver aplicacións capaces de entender a linguaxe humana.

Fonte: Silicon Angle

Valentín García participa nos Azores na presentación de "Emigración e exilio nos Estados Unidos de América"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro Emigración e e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores. A obra edítana o Consello da Cultura Galega e a Fundación Luso-Americana para o Desenvolvemento.

Fonte: Xunta de Galicia

O ministro de Educación de Portugal anuncia que o portugués pasará a integrarse no sistema educativo de Francia

O ministro de Educación de Portugal, Tiago Brandão Rodrigues, anunciou a integración da lingua portuguesa no sistema educativo francés a partir do próximo curso grazas a un acordo asinado entre representantes educativos de Portugal e Francia.

Fonte: Renascença

Unha emisora de radio lanza un concurso para promover a aprendizaxe de linguas en Australia

A emisora de radio SBS lanzou o Concurso das Linguas Nacionais SBS co fin de promover o interese polas linguas entre a xente nova de Australia nun momento no que o a súa aprendizaxe está en declive.

Fonte: Neos Cosmos

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder