Mundo
Un colectivo occitano maniféstase en Pau para denunciar as diferenzas nas subvencións entre o vasco e o occitano
O colectivo occitanista Tòca-i se Gausas manifestouse en Pau para denunciar as diferenzas que existen actualmente entre as subvencións destinadas ao éuscaro e ao occitano. Os activistas aproveitaron a ocasión para reclamar tamén unha verdadeira política lingüística nesta rexión do sur de Francia.
Fonte: Jornalet
Nova Zelandia festexa a semana da lingua maorí
Nova Zelandia celebra a te Reo Maori, ou semana da lingua maorí. Máis de 4000 persoas participaron no acto inaugural da iniciativa que reivindica os dereitos lingüísticos dos falantes deste idioma polinesio.
Fonte: Staff
Facebook introducirá unha ferramenta multilingüe que revolucionará a rede social
A maior rede social do mundo anunciou a introdución dunha nova ferramenta que permitirá traducir unha mensaxe a diferentes linguas.
Fonte: NDTV
As escolas de alto rendemento académico de Helsinqui teñen unha baixa porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira
Os centros de ensino de alto rendemento académico ou as escolas especializadas da cidade de Helsinqui contan cunha pequena porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira que opta por escolas de formación profesional ou institutos convencionais. A causa pode estar na falta de suficientes habilidades lingüísticas en finés e sueco.
Fonte: YLE UUTISET
Francia rexeita que o corso poida ser cooficial en Córsega
O primeiro ministro francés, Manuel Valls, rexeitou as demandas dos nacionalistas corsos de converter a lingua corsa en lingua cooficial xunto co francés.
Fonte: The Local
Publícase un estudo que ofrece datos sobre o coñecemento lingüístico dos indíxenas no Brasil
O Instituto Brasileiro de Xeografía e Estatística publicou un estudo que revela que a porcentaxe de indíxenas que falan unha lingua nativa é seis veces maior entre os que viven en terras indíxenas que entre aqueles que se trasladan ás cidades.
Fonte: Vestibular
Unha asociación publica manuais didácticos en lingua mirandesa
A asociación Frauga e o Agrupamento de Escolas de Miranda do Douro (AEMD, polas súas siglas en portugués) participaron na publicación de material didáctico en lingua mirandesa que se poderá empregar nos centros de ensino do concello transmontano.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Academia Francesa distingue o filósofo portugués Eduardo Lourenço pola súa difusión da lingua francesa
A Academia Francesa outorgou ao filósofo portugués Eduardo Lourenço o Premio de Divulgación da Lingua e Literatura Francesas por escribir boa parte da súa obra neste idioma.
Fonte: Correio da Manhã
Suíza quere aprobar unha norma que estipule regras comúns para o ensino das linguas en todo o país
O ministro do Interior de Suíza, Alain Berset, mostrouse disposto a elaborar unha política común que harmonice o ensino das linguas tanto nacionais como estranxeiras nas escolas de todo o país.
Fonte: Swissinfo
Tres galegos entran na Academia das Ciencias de Lisboa en calidade de académicos por Galicia
A Academia das Ciencias de Lisboa nomeará os galegos José-Martinho Montero Santalha, José Ângelo Cristóvão Angueira e Isaac Alonso Estraviz como académicos desta institución que asesora o Goberno portugués en materia de lingua.
Fonte: Sermos Galiza
Boletín
Subscríbase ao boletín