Mundo

Cada vez máis negocios de Montreal queren que se derroguen as leis que protexen a lingua francesa

As leis que protexen e promoven o uso do francés nos establecementos comerciais do Quebec non son do agrado de todos. Moitos negocios de Montreal avogan cada vez máis pola súa derrogación.

Fonte: CCTV America

Portugal reitera o seu apoio a Timor Leste na formación de profesorado e no reforzo do ensino do portugués

A secretaria de Estado de Asuntos Exteriores e Cooperación de Portugal, Teresa Ribeiro, volveu ofrecerlle ao ministro de Educación de Timor Leste o seu apoio na formación de profesorado e na divulgación da lingua portuguesa no país asiático.

Fonte: Observatório da Línga Portuguesa

Ultímase a creación do Portal Dixital para a Información en Lingua Portuguesa

A axencia de noticias Lusa está ultimando a creación dunha nova ferramenta en liña en portugués, o Portal Dixital para a Información en Lingua Portuguesa.

Fonte: Dnoticias

Unha iniciativa tenta salvar unha lingua falada en Kenya unicamente por sete persoas

Defensores da etnia yaaku en Kenya desenvolverán iniciativas que permitirá introducir o ensino da lingua yaaku nas escolas da comunidade local e garantir a súa preservación.

Fonte: Quartz

Unha asociación a prol do galés demanda que este se poida impartir como primeira lingua en todas as escolas de Gales

A Sociedade da Lingua Galesa (Cymdeithas yr Iaith Gymraeg) iniciou unha batalla legal para que o galés se poida impartir como primeira lingua en todas as escolas do País de Gales.

Fonte: Daily Post

Plaid Cymru avoga por ofrecer inmersión en lingua galesa para todos os escolares de Gales

A formación política Plaid Cymru defendeu a necesidade de incrementar o modelo de inmersión educativa en lingua galesa para poder conseguir o obxectivo de acadar o millón de falantes de galés en 2050.

Fonte: BBC

Israel escolle un filme rodado completamente en árabe para participar nos premios Óscar

Israel escolleu por primeira vez un filme rodado totalmente en lingua árabe para representar o país no festival da Academia de Hollywood.

Fonte: JTA

O Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta cursos de 11 idiomas

O Centro de Linguas da Universidade do Miño, en Portugal, ofertará este semestre cursos en once idiomas, entre eles o galego.

Fonte: Braga TV

Celébrase en toda Europa o Día Europeo das Linguas

Como cada 26 de setembro, o Consello de Europa organiza por todo o continente actividades para conmemorar o Día Europeo das Linguas.

Fonte: European Day of Languages

O Goberno portugués e Porto Editora asinan un acordo para a creación dunha plataforma de ensino do portugués

O Instituto Camões e a editorial Porto Editora asinaron un acordo para crear a plataforma "Portugal mais Perto" que permitirá apoiar a aprendizaxe e o ensino do portugués nas comunidades portuguesas do estranxeiro.

Fonte: Portugal Digital

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder