Mundo
Inauguran sinais en occitano nunha localidade da zona metropolitana de Bordeos
Lo Telhan Medoc (Le Teillan-Médoc en francés) converteuse na primeira localidade da zona metropolitana de Bordeos que inaugurou paneis viarios de entrada á cidade en occitano.
Fonte: Jornalet
Cúmprense dez anos da primeira intervención en galego nun consello da UE
O ex-conselleiro de Traballo Ricardo Varela foi a primeira persoa que falou galego nun consello de ministros da UE un 7 de novembro do ano 2006.
Fonte: Praza Pública
Un programa educativo reforzará no Brasil o ensino do portugués
O programa "Máis Educación" do Ministerio de Educación do Brasil reforzará no estado brasileiro de Alagoas o ensino do portugués e as matemáticas.
Fonte: Aqui Acontece
Londres contará cunha escola bilingüe inglés-portugués
O Departamento de Educación do Reino Unido aceptou o proxecto de creación dunha escola bilingüe inglés-portugués para alumnos de entre 4 e 11 anos.
Fonte: TSF
Expertos denuncian en Portugal que os refuxiados non poden integrarse polas eivas no ensino do portugués
Un grupo de expertos denunciou que na actualidade hai problemas en Portugal para ofrecerlles cursos de portugués aos máis de 700 refuxiados acollidos no último ano.
Fonte: Público
O Instituto Camões estrea novo portal
O Instituto Camões acaba de estrear un novo portal electrónico co obxectivo de ofrecer información e servizos dun xeito simple e innovador.
Fonte: Diário Digital
O portugués ensinarase na Universidade de Yangzhou
Membros da Unión de Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA, polas súas siglas en portugués) visitaron Macau e a rexión chinesa de Jiangsu para acordar o incentivo do ensino do portugués na Universidade de Yangzhou.
Fonte: Ponto final
Defensores da lingua galesa critican a pouca axuda que o Goberno do País de Gales destina á creación de cinema en galés
Defensores da lingua galesa criticaron que o Goberno de Gales destinase desde 2011 só 40 000 libras á promoción do cinema en galés, mentres que a cifra para o fomento dos filmes en inglés ascendeu a 7 millóns de libras.
Fonte: Wales Online
A comisaria de Lingua Galesa denuncia o empobrecemento dos servizos en galés na web do Goberno británico
A comisaria de Lingua Galesa, Meri Huws, criticou a deterioración dos servizos en galés no sitio web do Goberno do Reino Unido.
Fonte: BBC
O Goberno rexional de Puglia convoca axudas para o estudo de linguas estranxeiras
O Goberno da rexión de Puglia, no sur de Italia, aprobou dúas axudas públicas para o financiamento de cursos de linguas no estranxeiro para a xente nova.
Fonte: Pugliain
Boletín
Subscríbase ao boletín