Mundo

A Universidade de Luxemburgo quere crear un mapa virtual da paisaxe lingüística

A Universidade de Luxemburgo convida os cidadáns do Gran Ducado a participar nun proxecto que ten como obxectivo a creación dun mapa virtual con fotografías de sinais informativos en diferentes linguas.

Fonte: Wort

A Universidade Federal do Paraná inclúe o galego como materia de ensino

A Universidade Federal do Paraná incluíu na súa oferta educativa a materia Introdución á Lingua e á Cultura Galegas, impartida polo profesor Francisco Calvo del Olmo e cuxas vinte prazas xa foron cubertas.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Atlas da lingua portuguesa será lanzado proximamente en Portugal

O Instituto Camões e o Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal apoiaron a creación do Atlas da língua portuguesa que verá a luz en breve e que, en palabras do seu autor, Luís Reto, pretende ser un instrumento de afirmación da lusofonía.

Fonte: SAPO24

O cumio da CPLP aproba unha proposta para converter o portugués en lingua oficial da ONU

A XI Conferencia de Xefes de Estado e de Goberno da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) aprobou, a petición do presidente do Brasil, Michel Temer, unha proposta formal para que o portugués sexa lingua oficial das Nacións Unidas.

Fonte: Mundo Lusíada

Entran en vigor as medidas que obrigan a dominar o inglés ou o galés no Reino Unido

O Goberno do Reino Unido aplicará en breve as medidas que obrigan os traballadores públicos a dominar o inglés, ou o inglés e o galés no País de Gales.

Fonte: Personnel Today

Unha escritora portuguesa promoverá a lectura en portugués en escolas dos EUA

A escritora portuguesa Isabel Zambujal visitará escolas estadounidenses onde se ensina a lingua portuguesa para promover a lectura nesta lingua.

Fonte: RTP

Lanzan unha aplicación en Nixeria para aprender linguas africanas

A empresa nixeriana Lizzie’s Creations lanzou unha aplicación en liña para que os usuarios máis novos poidan aprender as primeiras palabras en catro linguas: inglés, hausa, ibo e yoruba.

Fonte: Disrupt Africa

A cátedra de romanche na Universidade de Zürich corre perigo

O romanche, a cuarta lingua oficial de Suíza que conta actualmente con 60 000 falantes, podería perder unha das dúas cátedras universitarias que ten na actualidade no país helvético.

Fonte: Swissinfo

Unha canle de televisión emitirá noticias en lingua quechua

A canle de televisión TV Perú emitirá en breve un noticiario en lingua quechua, como parte dunha iniciativa que ten por obxectivo a promoción da cultura peruana.

Fonte: Capital

Vietnam planea a aprobación dunha lei que protexa a lingua vietnamita

Lexisladores e expertos en lingüística defenderon nun congreso celebrado en Hanoi (Vietnam) a aprobación dunha lei que protexa a lingua vietnamita nos medios de comunicación.

Fonte: Tuoitrenews

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder