Mundo

Unha campaña en Gales apoiará o retorno de profesorado de lingua galesa

A asociación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg demandoulle ao Goberno do País de Gales que destine diñeiro público a fomentar o retorno do profesorado de lingua galesa que vive fóra do país para que axuden a acadar o obxectivo do millón de falantes para 2050.

Fonte: Wales Online

Un estudo revela que Shakespeare non acuñou moitas expresións que lle atribúe o dicionario

Un investigador da Universidade de Melbourne (Australia) revelou que Shakespeare non acuñou moitas das expresións que o dicionario Oxford da lingua inglesa lle atribúe como propias.

Fonte: The Guardian

A cidade de Macau quere garantir e potenciar a docencia do portugués a partir deste ano lectivo

A cidade chinesa de Macau abre o novo curso académico nas escolas cun obxectivo: fomentar o ensino do portugués.

Fonte: Ponto Final

Municipios de Escocia desenvolverán un proxecto de aprendizaxe do inglés para refuxiados

Catro municipios de Escocia desenvolverán un proxecto de aprendizaxe da lingua inglesa para refuxiados procedentes de Siria. O obxectivo é ofrecerlles un espazo para practicar a lingua e potenciar así a súa integración.

Fonte: BBC

Un local de Cork prohíbelle a un empregado falar en irlandés

Asociacións a prol do gaélico en Irlanda inician unha campaña de protesta despois de que un pub de Cork prohibise a un empregado falar a lingua irlandesa durante a súa xornada laboral.

Fonte: Newstalk

Nace o Portal do Profesor, unha plataforma en liña para docentes de portugués

O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP, polas súas siglas en portugués) crea unha plataforma dirixida a docentes especializados en portugués.

Fonte: Açoriano Oriental

As radios privadas francesas opóñense á lei que pretendía garantir o 4 % da música en linguas rexionais

As radios privadas francesas e os medios de comunicación francófonos rexeitan a medida que pretendía garantir un 4 % da música en linguas rexionais nos espazos radiofónicos.

Fonte: Jornalet

Un estudo revela que pensar nunha lingua estranxeira mellora a toma de decisións

Un grupo de psicólogos da Universidade de Chicago revelou nun estudo que o uso dunha lingua estranxeira pode influír na toma de decisións xa que axudaría a chegar a conclusións máis racionais e imparciais.

Fonte: Wired

Un estudo establece paralelismos entre sons e significados en palabras básicas de moitas linguas de todo o mundo

Científicos da Universidade Cornell de Nova York revelaron nun estudo que existe un padrón común entre fonética e significado á hora de construír palabras en máis de dous terzos das linguas do mundo.

Fonte: ABC

Cada vez máis chineses falan chinés mandarín

O servizo nacional de noticias de China informou de que máis do 70 % dos cidadáns chineses son competentes en chinés mandarín, un 17 % máis que ao final do século.

Fonte: Reuters

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder