Mundo
A comisaria de Lingua Galesa denuncia o empobrecemento dos servizos en galés na web do Goberno británico
A comisaria de Lingua Galesa, Meri Huws, criticou a deterioración dos servizos en galés no sitio web do Goberno do Reino Unido.
Fonte: BBC
O Goberno rexional de Puglia convoca axudas para o estudo de linguas estranxeiras
O Goberno da rexión de Puglia, no sur de Italia, aprobou dúas axudas públicas para o financiamento de cursos de linguas no estranxeiro para a xente nova.
Fonte: Pugliain
Australia introduce un programa para que alumnado do ensino infantil aprenda linguas estranxeiras
O Goberno de Australia quere introducir un programa educativo que lle permitirá ao alumnado de escolas infantís familiarizarse co estudo dunha lingua estranxeira. De momento, as linguas máis demandadas son o chinés, o xaponés, o francés e o indonesio.
Fonte: The Mercury
Unha universidade canadense fomenta os estudos portugueses e brasileiros por medio dun premio
A Universidade de York, en Toronto (Canadá), fomentará os estudos portugueses e luso-brasileiros por medio do premio "Pedras Negras: Espírito Açoriano" que homenaxea a figura do escritor azoriano José Dias de Melo.
Fonte: Notícias ao Minuto
Publican os discursos do presidente de Portugal con tradución á lingua de signos
Con motivo do día da lingua de signos portuguesa, o presidente da República portuguesa, Marcelo Rebelo de Sousa, anunciou a publicación de vídeos dos seus discursos coa tradución a esta lingua.
Fonte: Diário de Notícias
O Novo Atlas da Lingua Portuguesa estima que no 2100 a maioría dos falantes de portugués estará en África
O recentemente publicado Novo Atlas da Lingua Portuguesa revelou que no ano 2100 a maioría dos falantes de portugués vivirá no continente africano, sobre todo en Angola e Mozambique.
Fonte: Público
Islandia celebra o día da súa lingua nacional
Islandia celebra o Día da Lingua Islandesa con multitude de actos culturais e académicos. Esta data conmemora o nacemento do poeta islandés Jónas Hallgrímsson (1807-1845).
Fonte: Iceland Review
A BBC anuncia unha expansión das súas emisións en 11 novas linguas estranxeiras
O servizo mundial da BBC prepárase para emitir en 11 novas linguas, dando así inicio á maior expansión en termos de difusión para o estranxeiro desde a Segunda Guerra Mundial, anunciou a estación pública británica.
Fonte: BBC
O galego súmase a outros idiomas "non hexemónicos" nun acto de resistencia na India
O galego, xunto a outras linguas como o esloveno, o maltés ou o bengalí, estiveron presentes nun acto de resistencia celebrado na India co obxectivo de destacar os desafíos aos que se enfronta a tradución poética.
Fonte: El Diario
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal declara que o portugués se enfronta a desafíos e problemas serios
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, declarou que a lingua portuguesa, unha das máis faladas do mundo, presenta problemas serios como a incomprensión entre falantes de diferentes variedades ou a difusión do seu ensino en diferentes lugares onde é lingua oficial.
Fonte: Jornal de Negócios
Boletín
Subscríbase ao boletín