Mundo

A televisión pública finlandesa deixará de emitir o seu noticiario en inglés

A televisión pública finlandesa Yle deixará de emitir o seu parte de noticias en lingua inglesa. Con esta medida, a empresa pública quere concentrar os seus esforzos en incrementar a audiencia nos seus servizos en liña.

Fonte: Yle

Unha autoestrada de Iparralde perde a sinalización viaria en éuscaro

O departamento francés dos Pireneos Atlánticos vendeulle os dereitos de xestión dunha autoestrada a unha empresa privada que agora substituíu os sinais bilingües francés-éuscaro por outros onde figura só o francés.

Fonte: France Bleu

O Museo das Civilizacións de Europa de Marsella inclúe agora información en occitano

Despois de varias protestas, o Museo das Civilizacións de Europa de Marsella decidiu rectificar e traduciu ao occitano o artigo 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Fonte: Jornalet

Unha comunidade do sur do Brasil preserva a lingua véneta

Unha pequena comunidade de orixe europea, que vive no estado brasileiro do Paraná, usa aínda expresións que pertencen á lingua véneta, falada no nordeste de Italia.

Fonte: Notícias ao Minuto

O Xapón fai esforzos para reducir as barreiras lingüísticas con motivo dos Xogos Olímpicos de 2020

Co fin de reducir as barreiras lingüísticas, o Xapón comezou xa a prepararse para atraer o máximo número de visitantes para os Xogos Olímpicos de 2020. Entre as medidas, destaca a formación de voluntarios que farán labores de interpretación.

Fonte: The Japan Times

Unha revista dixital publica un texto inédito en portugués de José Saramago

A revista dixital Blimunda publicou por primeira vez en portugués o texto "Meditação sobre uma jangada" no sitio web da Fundación José Saramago.

Fonte: RTP

O servizo de información sobre a lingua portuguesa "Ciberdúvidas" corre o risco de desaparecer

O "Ciberdúvidas", proxecto dedicado ao esclarecemento de dúbidas sobre a lingua portuguesa, está pasando por dificultades e está considerando deixar de ofrecerlles os seus servizos aos millóns de falantes e estudantes de portugués do mundo.

Fonte: Diário de Notícias

A última lei sobre a lingua galesa do País de Gales será sometida a revisión

A última lei sobre a lingua galesa, que entrou en vigor en 2016, será sometida a unha profunda revisión, tal como anunciaron algúns ministros do País de Gales.

Fonte: BBC

Docentes de lingua de signos portuguesa esixen os mesmos dereitos que o resto de profesores

Nunha conferencia organizada pola Federación Nacional de Profesores de Portugal, os profesores de lingua de signos portuguesa esixiron que se recoñezan os seus dereitos e que deixen de ser contratados como técnicos.

Fonte: Público

Os documentos relativos ás finanzas en Portugal deberán ter unha versión en lingua portuguesa

Un relatorio do Tribunal de Contas de Portugal esixirá que os documentos relacionados con instrumentos financeiros conten a partir de agora cunha versión en lingua portuguesa.

Fonte: Observador

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder