Mundo
Organizacións non gobernamentais demandan a liberación do activista a prol da lingua tibetana Tashi Wangchuk
Organizacións non gobernamentais como Human Rights Watch e Amnistía Internacional esixíronlle a China que libere o activista a prol da lingua tibetana Tashi Wangchuk, xusto cando se cumpre un ano da súa detención.
Fonte: The Tibet Post
Un mapa interactivo mostra a gran diversidade lingüística de Australia
O proxecto "Language Legends" creou un mapa interactivo que mostra a diversidade lingüística de Australia. O mapa contén puntos de cores que corresponden ás 780 linguas nativas rexistradas no país.
Fonte: Global Voices
Un cidadán italiano de 86 anos pode falar 100 linguas
Riccardo Bertani ten 86 anos, é agricultor e coñece cen linguas diferentes. Xa publicou centenas de volumes, entre dicionarios, traducións e ensaios e mostra particular vocación polos idiomas de Asia Central.
Fonte: La Repubblica
A RAI accede a ampliar o número de horas en lingua friulana
A Axencia Rexional para a Lingua Friulana desenvolveu un proxecto que emitirá documentais en lingua friulana sobre diferentes aspectos culturais na Radio Televisión Italiana (RAI).
Fonte: Messaggero Veneto
Un estudo realizado no Brasil revela que a aprendizaxe de linguas estranxeiras pode incidir na suba dos salarios
A empresa alemá Babbel, especializada na aprendizaxe de idiomas, elaborou un estudo en liña sobre a relación que existe entre a aprendizaxe de linguas e o éxito laboral. A maior parte das persoas que participaron no estudo defende a importancia de aprender idiomas para o crecemento profesional, factor que pode influír positivamente na suba dos salarios.
Fonte: RFI
O Xapón aproba unha lei que adianta a aprendizaxe do inglés no ensino
O Ministerio de Educación do Xapón aprobou unha nova norma que obrigará a adiantar a introdución da aprendizaxe do inglés nas escolas públicas. A partir de 2020, o inglés comezará a ser ensinado no terceiro ano do ensino elemental.
Fonte: PORTAL MIE
Unha nova protesta esixirá que se revise o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa
A plataforma "“Em aCção contra o Acordo Ortográfico” fará unha cadea humana entre a Academia das Ciencias de Lisboa e o Tribunal Constitucional co fin de esixir que o Goberno portugués se comprometa a revisar o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
O Goberno de Macau abrirá liñas educativas bilingües portugués-chinés
Co fin de incentivar a formación de profesorado que domine o portugués e o chinés, o Ministerio de Educación de Macau abrirá para o ano lectivo 2017-2018 dúas liñas educativas bilingües nestes dous idiomas.
Fonte: SAPO
A Oficina Pública da Lingua Vasca e a Real Academia da Lingua Vasca promoverán o éuscaro en Iparralde
A Oficina Pública da Lingua Vasca no País Vasco francés e a Real Academia da Lingua Vasca asinaron un acordo de seis anos en Baiona para incrementar a presenza social do éuscaro en Iparralde.
Fonte: La Vanguardia
Asociacións francesas presentarán queixas polo slogan en inglés da candidatura de París 2024
Co obxectivo de preservar o idioma francés, un colectivo de asociacións anunciou que interporá un recurso contra o comité organizador dos Xogos Olímpicos de París 2014 por usar un slogan exclusivamente en inglés.
Fonte: Record
Boletín
Subscríbase ao boletín