Mundo

O primeiro ministro de Cabo Verde defende a importancia do portugués como símbolo de identidade

O primeiro ministro de Cabo Verde, José Ulisses Correia e Silva, defendeu nunha entrevista a importancia do portugués como un elemento que reforza o sentimento de identidade en todos os países lusófonos e no exterior.

Fonte: Expresso das Ilhas

As empresas indias deberán empregar as linguas locais para competir en internet

Unha publicación de estudos de tradución defende que as empresas indias deberán poder comunicar en linguas locais ou rexionais para poder competir no mercado en liña.

Fonte: Quartz

Trump suprime a páxina en español do sitio web da Casa Branca

O sitio web da Casa Branca xa non conta coa súa versión en lingua española despois de que o novo Goberno dos EUA decidise prescindir dela.

Fonte: The Washington Post

Estrean un sitio web que recolle o corpus lingüístico da lingua guaraní

A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai presentou unha base de datos que contén o corpus lingüístico da lingua guaraní: o Corpus de Referencia do Guaraní Paraguaio Actual (Coreguapa).

Fonte: Última Hora

O Parlamento de Ucraína quere que o ucraíno sexa lingua obrigatoria en todos os ámbitos

O Parlamento de Ucraína está elaborando unha lei que quere impor o ucraíno como lingua obrigatoria en todos os órganos administrativos e educativos do país.

Fonte: Sputnik

Asinarase unha convención para o ensino do occitano en Francia

A ministra de Educación de Francia, Najat Vallaud-Belkacem, e a Oficina Pública da Lingua Occitana (ÒPLO, polas súas siglas en occitano) asinarán na cidade de Tolosa unha convención para o ensino do occitano nas escolas públicas.

Fonte: Franceinfo

O Goberno de Cimbabue introducirá o portugués no ensino secundario

O novo currículo escolar de Cimbabue integrará o portugués como lingua estranxeira xunto a outras como o chinés mandarín e o suahili.

Fonte: Sapo24

O Parlamento portugués crea un grupo de traballo para verificar a aplicación do Acordo Ortográfico

A comisión de Cultura, Comunicación, Xuventude e Deporte do Parlamento de Portugal creará un grupo de traballo que se ocupará da avaliación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa de 1990.

Fonte: TVI24

O Goberno do estado brasileiro de Amazonas abrirá unha nova escola bilingüe

O Goberno do estado brasileiro de Amazonas e a Secretaría de Estado de Educación e Calidade do Ensino abrirán a partir do actual ano lectivo unha nova escola bilingüe, a primeira que ofreza unha educación bilingüe portugués-francés.

Fonte: acrítica

Un estudo realizado en Hong Kong revela que os auxiliares de lingua materna inciden positivamente na mellora educativa

O Departamento de Psicoloxía dunha universidade de Hong Kong elaborou un estudo que mostra que os estudantes que reciben axuda de auxiliares nativos de inglés contribúen a unha mellora substancial das competencias lingüísticas.

Fonte: SCMP

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder