Mundo
Preséntase un corrector ortográfico en liña de occitano de código libre
Despois de varios anos de colaboracións, a asociación Tot en Òc presenta un corrector ortográfico de occitano (de dialecto languedociano) que se poderá descargar de xeito totalmente gratuíto.
Fonte: Jornalet
Celébrase a Semana da Lingua Alemá no Brasil
As embaixadas de Alemaña, Austria, Bélxica, Luxemburgo e Suíza no Brasil celebrarán a Semana da Lingua Alemá que incluirá actividades e iniciativas culturais de diferente índole nun bo número de estados brasileiros.
Fonte: Diário de Pernambuco
Demandan a inclusión de interpretación en lingua de signos no sitio institucional da Asemblea Lexislativa de Madeira
O partido portugués Bloco de Esquerda defende que os plenarios da Asemblea Lexislativa de Madeira (Portugal) conten con interpretación en lingua de signos no sitio oficial desa institución.
Fonte: Jornal Económico
Portugal crea un grupo de traballo para regulamentar a docencia da lingua de signos
O Goberno portugués creou un grupo de traballo para estudar a regulamentación profesional da docencia da lingua de signos portuguesa en todo o país.
Fonte: Observador
Unha organización do norte de Gales axudará os profesionais médicos a ofrecer atención médica en galés
A organización de apoio á lingua galesa Menter Iaith prestará apoio e asesoramento a profesionais médicos do norte de Gales para que poidan ofrecer servizos de atención sanitaria en galés.
Fonte: Daily Post
Un investigador da Universidade de Leiden realiza un estudo comparativo sobre a situación das linguas de España e de Italia
Baixo o título Regional and Minority languages in the European Union: a comparative study, o investigador Steven Boer da Universidade de Leiden (Países Baixos) compara a situación lingüística de Italia e España.
Fonte: Galicia Confidencial
A canle de televisión en lingua galesa S4C recibirá axudas para garantir os servizos televisivos en galés
O Goberno do Reino Unido concederá un préstamo de 10 millóns de libras esterlinas á canle de televisión S4C para garantir a retransmisión de espazos televisivos en lingua galesa.
Fonte: Cable
Tokio quere promover a inmersión en inglés co fin de incrementar o nivel da poboación máis nova para as Olimpíadas
O Goberno metropolitano de Tokio, capital do Xapón, desenvolverá a partir de 2018 un programa de inmersión en lingua inglesa co fin de incrementar as destrezas lingüísticas da poboación máis nova para as Olimpíadas de 2020.
Fonte: The Japan Times
As visitas guiadas do Museo Nacional de Taiwán inclúen o galego
O Museo Nacional de Taiwán ofrecerá visitas de balde en galego xunto a outras oito linguas estranxeiras: cantonés, coreano, español, indonesio, inglés, tailandés e vietnamita.
Fonte: Galicia Confidencial
O Goberno de Francia crea un concurso público para docentes de linguas rexionais
O Ministerio de Educación de Francia anunciou nun comunicado que aprobará a creación dun concurso público para docentes de oito linguas rexionais francesas entre as que se encontran o éuscaro, o occitano e o catalán.
Fonte: Le Figaro
Boletín
Subscríbase ao boletín