Mundo
A BBC incrementará o número de programas en lingua inglesa na canle BBC Gales
A BBC incrementará nun 50 % o número de programas en lingua inglesa na canle de televisión BBC Gales. Con esta expansión, a entidade pública quere tamén chegar a un público máis novo e desenvolver os contidos en liña.
Fonte: WalesOnline
O Goberno portugués proponlle ao Brasil partillar os custos do ensino da lingua portuguesa en Timor Leste
O ministro de Defensa de Portugal, Azeredo Lopes, mostrouse disposto a partillar co Brasil os custos do ensino da lingua portuguesa no ámbito da cooperación militar en Timor Leste.
Fonte: CM
O Foro Económico Mundial sitúa o portugués na lista das dez linguas máis poderosas do mundo
O Foro Económico Mundial divulgou o índice das linguas máis poderosas do mundo, en inglés: Power Language Index. A lingua portuguesa ocupa o noveno posto nesta clasificación.
Fonte: O Jornal Económico
Catro escolas de Braga imparten chinés mandarín como actividade extracurricular
Catro escolas do segundo e terceiro ciclos de educación básica de Braga introduciron a título extracurricular o ensino da lingua chinesa. Trátase dun proxecto do Instituto Confucio da Universidade do Miño e o Municipio de Braga.
Fonte: Correio do Minho
Un lingüista checo elabora un mapa que mostra os caracteres especiais das linguas europeas
O lingüista e matemático checo, Jakub Marian, embarcouse nun proxecto para incluír nun único mapa os caracteres especiais que conteñen as linguas europeas.
Fonte: 20 minutos
Unha produción iraniana recibe o Óscar ao mellor filme de fala non inglesa
The Salesman, Forušande, en lingua orixinal persa, recibiu o premio da Academia de Hollywood ao mellor filme de fala non inglesa. O director, Asghar Farhadi, non estivo presente na entrega para protestar contra a política migratoria dos EUA.
Fonte: Reuters
Irlanda do Norte mobilízase pola oficialización do gaélico
Centos de persoas saíron á rúa en Irlanda do Norte para demandar que o gaélico irlandés sexa declarado lingua oficial. Os manifestantes solicitaron tamén que se aprobe unha lei que garanta a protección e promoción desta lingua celta.
Fonte: Sermos Galiza
O Ministerio de Educación de Portugal levará a cabo medidas para crear un grupo profesional de profesores de lingua de signos
En Portugal existen por volta de 150 docentes de lingua de signos mais só 87 están a impartir clases a unha poboación de arredor de 1000 estudantes xordos. O Ministerio de Educación quere agora sentar as bases para a profesionalización do corpo de docentes de lingua xestual portuguesa nos centros públicos de ensino.
Fonte: TVI 24
Lisboa acolle unha semana dedicada ao mellor cinema en lingua portuguesa
O cinema São Jorge de Lisboa acollerá durante unha semana o Festin, Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa. A oitava edición deste evento dedícase ao labor das mulleres no mundo do cinema.
Fonte: Delas
Enxeñeiros estadounidenses están desenvolvendo un robot capaz de aprender a linguaxe humana
Un grupo de enxeñeiros estadounidenses da Universidade Purdue traballan nun robot que será capaz de aprender o significado de palabras así como formar e entender oracións dunha lingua.
Fonte: Laboratory Equipment
Boletín
Subscríbase ao boletín