Mundo

Xa foi adxudicado o proxecto para o Museo da Lingua Portuguesa de Bragança

Unha empresa de Lisboa gañou o concurso público para a construción do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança que se desenvolverá nuns antigos silos.

Fonte: Mensageiro de Bragança

O Parlamento de Ucraína aproba unha lei que limita o uso do ruso na televisión

O Parlamento de Ucraína aprobou unha nova lei que estipula que as canles de televisión deben emitir un 75% dos seus contidos en lingua ucraína.

Fonte: Broadband TV News

Unha nova escola de inmersión en galés abrirá as súas portas en Cardiff

O Concello de Cardiff recibiu o financiamento necesario para abrir unha nova escola de ensino primario de inmersión en galés na capital do País de Gales.

Fonte: ITV

O cónsul de Portugal en Guinea Ecuatorial declarou que o país africano avanzou pouco no ensino do portugués

O cónsul de Portugal en Guinea Ecuatorial declarou nunha entrevista que o país africano, membro da CPLP, non rexistrou melloras no ensino da lingua portuguesa.

Fonte: RTP

A Universidade de Macau inaugura un centro de formación chinés-portugués

A Universidade de Macau inaugurou o Centro de Ensino e Formación Bilingüe Chinés-Portugués que, alén de ofrecer cursos de capacitación, desenvolverá investigación no ensino da lingua portuguesa.

Fonte: Ponto final

Máis de catro millóns de peruanos falan linguas indíxenas

A directora de Educación Básica no Ámbito Rural do Ministerio de Educación do Perú informou de que existen no país andino 47 linguas indíxenas faladas por unha poboación total de 4 millóns de persoas.

Fonte: Perú.com

O acceso masivo ao ensino en inmersión en galés é clave para acadar o obxectivo do millón de falantes para 2030

Un estudo elaborado polo grupo de apoio á lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Cymraeg revela que se o Goberno do País de Gales quere acadar o obxectivo do millón de falantes para 2030, a maioría do alumnado deberá estar escolarizado en centros onde a lingua de instrución sexa o galés.

Fonte: Wales Online

Italia estuda outorgar pleno recoñecemento á lingua de signos italiana

O Senado italiano debate o proxecto de lei que garantiría o pleno recoñecemento da lingua de signos italiana.

Fonte: Disabili.com

Medra a demanda de profesores de vietnamita en Taiwán

O Ministerio de Educación de Taiwán declarou que existe unha forte demanda de profesorado de vietnamita no país, moito máis que doutras linguas do sueste asiático.

Fonte: Focus Taiwan

Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Samoana

Escolas por toda Nova Zelandia celebran a Semana da Lingua Samoana con multitude de actividades para animar o alumnado a practicar e aprender esta lingua do Pacífico.

Fonte: Stuff

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder