Mundo
Un estudo revela que a segunda lingua estranxeira máis falada en California é o tagalo
A Oficina do Censo dos EUA elaborou un estudo sobre o uso das linguas estranxeiras no estado de California. O tagalo ocupa nestes momentos o segundo lugar despois do español.
Fonte: Next Shark
Unha lingua con similitudes co húngaro falada na rexión romanesa de Moldavia está moi ameazada
Os csangos da rexión romanesa de Moldavia constitúen unha comunidade lingüística propia cuxa lingua garda certas similitudes co húngaro. A falta de protección deste idioma e o inexistente apoio por parte das autoridades está levando aos seus falantes a adoptar o romanés como lingua vehicular.
Fonte: The New European
O portugués alcanzou maior peso en Asia nos últimos anos
O presidente da Asociación das Universidades de Lingua Portuguesa (AULP, polas súas siglas en portugués), Rui Martins, declarou que nos últimos anos se incrementou a importancia do portugués no continente asiático e defendeu que co domino desta lingua se abren novas oportunidades de futuro.
Fonte: Diário de Notícias
O metro de Londres incluirá a partir de agora anuncios con linguaxe máis inclusiva
O metro de Londres empregará a partir de agora unha linguaxe sen marcas de xénero para dirixirse por igual a todo tipo de persoas co fin de reflectir a gran diversidade da capital británica.
Fonte: The Irish Times
O partido albanés integrado na coalición de goberno de Macedonia aposta por unha lei que garanta o uso do albanés
O partido albanés de Macedonia que forma goberno coa Unión Democrática e Social do primeiro ministro, Zoran Zaev, ameazou con romper os acordos gobernamentais se non se aproba unha lei que garanta os dereitos dos falantes de albanés na República de Macedonia.
Fonte: Balkan Insight
Un estudo revela que o bilingüismo pode axudar a aprender un terceiro idioma
Un estudo realizado pola Universidade Nacional de Singapur revelou que as nenas e nenos que falan dúas linguas teñen moitas máis facilidades para aprender unha terceira.
Fonte: Straits Times
O Goberno de Nova Gales do Sur estuda unha lei que garanta a preservación das linguas aborixes
O Goberno australiano de Nova Gales do Sur está preparando a Lei das Linguas Aborixes 2017 que garantirá a protección e preservación dos idiomas nativos deste estado australiano e a creación dun centro para a súa aprendizaxe.
Fonte: Daily Telegraph
Dous relatorios revelan que se produciu un forte descenso da aprendizaxe de linguas estranxeiras nos EUA
A Academia Americana de Artes e Ciencias e os Consellos Americanos para a Educación Internacional presentaron cadanseu relatorio sobre o estado da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Os estudos revelan que nos últimos anos se produciu un forte descenso en todos os niveis educativos.
Fonte: The News Observer
Moscova propón que Armenia adopte o ruso como lingua oficial
A Duma da Federación Rusa propuxo a Armenia que adopte o ruso como lingua oficial con motivo da aprobación dunha lei que permitiría a condutores de países da Unión Euroasiática traballar en Rusia.
Fonte: Media Max
Os profesionais da enfermaría da República de Irlanda deben pasar unha proba de inglés para traballar en Irlanda do Norte
O endurecemento das medidas de acceso ao corpo de enfermaría do Servizo Nacional de Saúde do Reino Unido leva a situacións polémicas: por medio das normas actuais os profesionais da enfermaría da República de Irlanda teñen que pasar unha proba de competencia en lingua inglesa se queren exercer en Irlanda do Norte.
Fonte: The Irish News
Boletín
Subscríbase ao boletín