Mundo

A rexión galesa de Carmarthenshire esixirá ás construtoras que teñan en conta o impacto dos seus proxectos na lingua galesa

A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no País de Gales, declarou que a partir de agora as empresas construtoras deberán avaliar o impacto que os seus proxectos terán no uso social da lingua galesa co fin de paliar a baixada de falantes dos últimos anos.

Fonte: Wales Online

A cámara instantánea do Tradutor de Google funciona agora cun total de 100 linguas

A nova actualización anunciada pola ferramenta de tradución de Google, Google Translate, permite agora traducir por medio da súa cámara instantánea textos nun total de 100 linguas.

Fonte: Engadget

Un informe revela que só 551 oficiais do Goberno da República de Irlanda son competentes en gaélico irlandés

Un informe realizado pola Comisión da Lingua Irlandesa revela que só 551 funcionarios e funcionarias do Goberno da República de Irlanda, dun total de 20 060, teñen competencias en gaélico irlandés.

Fonte: Newstalk

O Instituto Camões presenta un proxecto de promoción cultural en Angola

O Instituto Camões presentou en Luanda, capital de Angola, o proxecto PROCULTURA co que pretende promocionar a produción cultural no país africano.

Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

O Goberno de España defende a promoción do español en Nixeria por medio da tradución de obras do español a linguas nixerianas

O embaixador de España en Nixeria, Marcelino Ansorena, anunciou que o Goberno español promocionará o estudo do español por medio da tradución de obras da literatura española cara ao yoruba e hausa, dúas das principais linguas nixerianas. 

Fonte: Galicia Confidencial

Un estudo revela unha caída no número de falantes de inuktitut no Canadá

Un estudo realizado pola oficina estatística do Canadá revelou unha caída de case dez puntos no número de falantes nativos de inuktitut no territorio canadense de Nunavut en tan só 15 anos.

Fonte: France 24

Unha acción espectacular demanda ensino en occitano en Francia

Unha espectacular acción que consiste no despregamento de faixas xigantes cunha mensaxe reivindicativa nunha montaña en Sant Antonin, no departamento francés de Tarn-et-Garonne, demanda que se restableza o ensino en occitano na escola Pèire Vairon. As medidas aprobadas recentemente polo Goberno de Francia deixaron sen ensino en occitano a cen alumnos e alumnas desta escola.

Fonte: Jornalet

Escocia recorre á provincia canadense de Nova Escocia para suplir a súa falta de profesorado de gaélico escocés

Ante a escaseza de profesorado de gaélico, Escocia está recorrendo á provincia canadense de Nova Escocia para suplir esta falta. A rexión canadense aínda conserva unha importante comunidade de falantes desta lingua celta.

Fonte: CBC

 

O Goberno do Reino Unido reitera o seu apoio ao plan do País de Gales de alcanzar o millón de falantes de galés antes de 2050

En palabras do ministro británico David Lidington, o Goberno do Reino Unido reafirma o seu apoio ao País de Gales para alcanzar o seu obxectivo do millón de falantes de galés antes de 2050. Entre outras medidas, o goberno galés apostará por expandir o ensino de inmersión na lingua vernácula.

Fonte: BBC

Morre João Gilberto, unha das figuras máis relevantes da música en lingua portuguesa

Artistas como Caetano Veloso homenaxearon a traxectoria do baiano João Gilberto que finou no Río de Xaneiro aos 88 anos de idade. Está considerado un dos mellores músicos de todos os tempos.

Fonte: Observador

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder