Mundo
Libia quere introducir o ensino do francés na educación secundaria
O Ministerio de Educación de Libia está iniciando a formación de profesorado para poder incorporar o ensino do francés no primeiro ciclo da educación secundaria.
Fonte: The Lybia Observer
A Universidade do Porto lanza un portal para a promoción da lingua portuguesa

A Universidade do Porto lanzou o Portal do Português, un sitio web para a promoción e fomento da lingua portuguesa.
Fonte: O Minho
Un café do norte de Gales aplica descontos aos clientes que empreguen a lingua galesa
Unha cafetaría da localidade de Blaenau Ffestiniog, no norte de Gales, decidiu introducir unha iniciativa para fomentar o uso social da lingua galesa. Durante un tempo ofrecerá bebidas quentes máis baratas a aquelas persoas que as pidan en galés.
Fonte: North Wales Live
Un proxecto inmobiliario nunha localidade de Gales pode pór en risco o uso social da lingua galesa
O proxecto que pretende construír 56 novas vivendas na localidade de Crymych, no oeste de Gales, podería atraer persoas anglófonas e pór en risco o uso do galés na comunidade local. Crymych ten unha das porcentaxes máis altas de uso de galés en todo o condado de Pembrokeshire.
Fonte: BBC
A Real Academia avoga pola irmandade do galego co portugués
O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, defende nun seminario na Universidade Fluminense de Niterói, Brasil, a irmandade do galego co portugués.
Fonte: Sermos Galiza
Marrocos aproba a oficialización da lingua bérber

O Parlamento do Reino de Marrocos aprobou unha lei histórica que recoñece a lingua bérber ou amazigh como idioma oficial. A nova norma permitirá a introdución desta lingua no ensino e noutros ámbitos da vida pública.
Fonte: El Faro de Melilla
Unha manifestación pide en Biarritz a continuidade do ensino inmersivo en éuscaro
Milleiros de manifestantes, na súa maioría alumnado de centros de ensino, manifestáronse en Biarritz para demandar a continuidade do ensino de inmersión en éuscaro.
Fonte: Ouest France
Marrocos recoñece o alfabeto tifinagh para o uso da lingua bérber
O Parlamento de Marrocos acaba de aprobar por medio dunha lei orgánica o recoñecemento oficial do alfabeto tifinagh para a escritura da lingua bérber ou amazigh.
Fonte: Morocco World News
Un total de 157 alumnos e alumnas estuda chinés en Braga
A través dun protocolo co Instituto Confucio da Universidade do Miño, o municipio portugués de Braga oferta actualmente clases de chinés mandarín a un total de 157 alumnas e alumnos do ensino público.
Fonte: Semanário
A ministra de Cultura de Portugal visita China con motivo do Festival da Cultura Portuguesa
A ministra de Cultura de Portugal, Graça Fonseca, iniciou a súa visita oficial a China coincidindo co Festival da Cultura Portuguesa que se celebra no país asiático. Entre outros obxectivos, a visita pretende promover e estimular internacionalmente a literatura escrita en portugués.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín