Mundo
“O que arde”, primeiro filme en galego proxectado no Festival de Cannes, recibe o premio do xurado

O filme de Oliver Laxe O que arde, proxectado en galego durante a 72ª edición do Festival de Cannes, resultou galardoado co premio do xurado na sección Un certain regard.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Perú celebra o día das súas linguas nativas
O Perú celebra o Día das Linguas Orixinarias co obxectivo de fomentar e recuperar o seu uso. Actualmente, 21 das 48 linguas nativas que se falan no país están en perigo de desaparición.
Fonte: RPP
O ensino do portugués no estranxeiro estará presente en 82 países do mundo

Segundo unha previsión do Instituto Camões, un total de 82 países do mundo contará con oferta de ensino de lingua portuguesa. O ano pasado a cifra ascendía a 77.
Fonte: Observador
Critican a falta de oferta de clases de galés a persoas refuxiadas
Unha académica da Universidade de Swansea, Gwennan Higham, critica que o colectivo de persoas refuxiadas e inmigrantes non teña as mesmas oportunidades e facilidades para aprender a lingua galesa que o inglés. Actualmente estas persoas teñen dereito a clases gratuítas de inglés pero non necesariamente de galés.
Fonte: BBC
Chico Buarque é o novo vencedor do Premio Camões
O compositor e escritor brasileiro Chico Buarque vence o premio máis prestixioso da lingua portuguesa: o Premio Camões 2019.
Fonte: O Globo
A Universidade do Porto inaugura a súa oficina do Instituto Confucio
A Universidade do Porto inaugurará o Instituto Confucio do Porto co obxectivo de achegar o estudantado ao estudo da lingua e cultura chinesas.
Fonte: Diário de Notícias
A UNESCO celebra o Día da Lingua Portuguesa e da Cultura
A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) celebra o Día Internacional da Lingua Portuguesa na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) cunha importante variedade de manifestacións culturais.
Fonte: SAPO24
O ministro de Educación de Francia móstrase crítico sobre o ensino en linguas rexionais
O ministro de Educación de Francia, Jean-Michel Blanquer, puxo en dúbida a validez pedagóxica do sistema educativo de inmersión que se fai an diferentes linguas rexionais de Francia.
Fonte: France Bleu
O comisario da Lingua Irlandesa volve criticar a escasa programación en gaélico da televisión pública irlandesa
O comisario da Lingua Irlandesa, Rónán Ó Domhnaill, volveu criticar a escasa programación en gaélico que oferta a televisión pública da República de Irlanda (RTÉ).
Fonte: The Irish Times
O portugués é a terceira lingua máis falada nos fogares luxemburgueses

Segundo datos achegados pola oficina estatística do Gran Ducado de Luxemburgo (STATEC), o portugués sería a terceira lingua máis falada nos fogares luxemburgueses. A primeira continúa a ser o luxemburgués, seguida do francés.
Fonte: Contacto
Boletín
Subscríbase ao boletín