Mundo
A ONU rexeita a celebración dunha reunión sobre a situación lingüística de Ucraína
Francia, Reino Unido, Alemaña, Polonia, Bélxica e Estados Unidos rexeitaron a celebración na ONU dunha reunión pedida por Rusia para debater o uso do ucraíno como lingua oficial en Ucraína.
Fonte: Observador
Un estudo revela que o clima é un factor influente na diversidade lingüística
Un estudo elaborado pola Universidade Nacional Australiana (ANU, polas súas siglas en inglés) revela que o clima ten unha influencia moito máis importante do que se pensaba na diversidade lingüística dunha determinada zona.
Fonte: Phys.org
O distrito californiano de Silicon Valley ofertará a lingua portuguesa na escola pública
Algunhas escolas do distrito escolar de Santa Clara, no Silicon Valley (EUA), ofertarán a lingua portuguesa, tal como informou o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro.
Fonte: tvi24
Descifran a lingua dun misterioso manuscrito medieval
Un investigador da Universidade de Bristol determinou que a lingua que se empregou no misterioso manuscrito Voynich do século XV é latín vulgar, o dialecto que máis tarde derivou nas linguas romances.
Fonte: Sci News
Un novo centro de lingua galesa abrirá as súas portas no País de Gales
Un novo centro de lingua galesa abrirá as súas portas no condado galés de Denbigshire co fin de formar en galés a persoas de todas as idades.
Fonte: The Free Press
Entidades de varios países pídenlle a Irlanda do Norte que cree o posto de comisario/a da lingua gaélica
Un total de 11 comisións lingüísticas de varios países asinaron unha carta para apoiar a creación do posto de comisario/a da lingua gaélica para Irlanda do Norte.
Fonte: Belfast Telegraph
China prohibe todas as versións lingüísticas da Wikipedia
Nun intento por controlar o acceso á información en Internet, China prohibiu as versións lingüísticas da Wikipedia. A enciclopedia electrónica únese así a unha crecente lista de sitios web prohibidos, entre os que se encontran Facebook, Linkedin ou Google.
Fonte: TIME
Un xuíz dos EUA obriga a proporcionar documentación electoral en español en Florida
Un xuíz do estado de Florida (EUA) deulle a razón a unha cidadá hispana que solicitara que a documentación electoral estivese tamén en español. A partir das eleccións primarias de 2020, a documentación deberá estar dispoñible nesta lingua.
Fonte: CNN
Medra o estudo do portugués no ensino público dos EUA
Segundo informou o Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, o estudo do portugués no ensino básico e secundario dos EUA medrou significativamente nos últimos tres anos.
Fonte: Diário de Notícias
Un estudo revela que as materias lingüísticas do ensino secundario do Reino Unido poden estar en risco pola dificultade dos exames

Un estudo revela que a oficina de administración de exames do Reino Unido, Ofqual, está adoptando demasiado rigor á hora de corrixir os exames oficiais de secundaria e bacharelato, os coñecidos en inglés por GCSE e A-levels respectivamente, e isto podería ter un impacto negativo na pervivencia das disciplinas lingüísticas.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín