Mundo
A cidade de Galway elabora unha enquisa sobre a lingua gaélica
A cidade de Galway enviou unha enquisa á veciñanza para preguntarlle a súa opinión sobre o novo Plan da Lingua Irlandesa e as medidas que se poden levar a cabo para incrementar o seu uso.
Fonte: Galway Daily
A Universidade de Bangor elimina os estudos de química que se impartían en galés
A Universidade de Bangor, no norte do País de Gales, anunciou que eliminará o Grao en Química que se imparte en lingua galesa. A partir deste mesmo ano non se aceptarán novas matrículas.
Fonte: Daily Post
A Universidade de Toulouse acolle un evento para a promoción da lingua occitana
A Universidade de Toulouse Joan Jaurés acolleu a Semana Occitana 2019 da asociación occitanista Òsca. O obxectivo era a difusión e promoción da lingua e cultura occitanas na universidade e en toda a cidade de Toulouse.
Fonte: Jornalet
A lei que obriga á instrución en francés nas escolas marroquís levanta unha forte controversia en Marrocos
O proxecto de lei que quere obrigar a ensinar en francés as materias científicas, no canto de en árabe, está levantando unha forte polémica en Marrocos. Uns 150 activistas e intelectuais asinaron unha petición para mostrar a súa oposición á medida.
Fonte: Morocco World News
Cúmprense setenta anos da chegada do galego á BBC

Acábanse de cumprir 70 anos da chegada do galego á radio da BBC por medio dun programa que se emitía cada tres semanas e no que colaboraron un bo número de intelectuais da época co fin de manter viva a cultura galega durante os primeiros anos da ditadura franquista.
Fonte: Praza Pública
As oficinas xudiciais dos EUA non contan con suficientes intérpretes de linguas indíxenas
Os tribunais dos EUA non contan con suficientes intérpretes de linguas indíxenas como o kanjobal ou o quiché para atender a crecente chegada de persoas migrantes.
Fonte: Infobae
O Senado de Francia acolle unha xornada sobre as linguas rexionais
O Congreso Permanente da Lingua Occitana organizou unha xornada de estudo das linguas rexionais francesas no Senado da República en París.
Fonte: Jornalet
Cada vez máis africanos aprenden chinés pola crecente influencia de China no continente africano
Os investimentos millonarios de China en África están creando a situación propicia para que cada vez un maior número de africanos de varios países opte por aprender a lingua chinesa.
Fonte: CNN
Portugal asina un acordo de cooperación con Timor Leste para reforzar a capacitación en lingua portuguesa
Portugal asinou un acordo coa Universidade Nacional Timor Lorosa'a (UNTL) para reforzar a capacitación en portugués do seu Centro de Lingua Portuguesa.
Fonte: RTP
O Reino Unido depende do investimento estranxeiro para ofrecer ensino de linguas modernas na educación primaria
O Reino Unido continúa ofrecendo un nivel moi pobre de ensinanza de linguas na educación primaria. Proba disto é que segue dependendo do investimento doutros países europeos para ofrecer clases de linguas modernas nas escolas.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín