Mundo
O Goberno de Columbia Británica defende a súa política de revitalización de linguas indíxenas
O Goberno da provincia canadense de Columbia Británica informou de que o esforzo orzamentario para a revitalización das súas linguas indíxenas está dando os seus froitos. Actualmente, o 60 % das linguas indíxenas do Canadá fálase en Columbia Británica.
Fonte: Nelson Star
A Universidade Nacional de Colombia traducirá o seu sitio web a dúas linguas indíxenas
Ademais de en español, a Universidade Nacional de Colombia publicará os contidos do seu sitio web en dúas linguas nativas de Colombia: en nasa yuwe do pobo nasa e en wayuunaiki da Guajira.
Fuente: El Informador
O Ministerio de Educación de Irlanda lanza unha iniciativa para garantir a instrución integral en gaélico en todas as materias de secundaria

A iniciativa e-Hub do Ministerio de Educación da República de Irlanda garantirá que o alumnado de secundaria das zonas de fala galesa poida ter acceso a un currículo escolar completamente en gaélico irlandés.
Fonte: RTÉ
O dicionario de portugués Priberam cumpre 10 anos
O Dicionario Priberam da Lingua Portuguesa cumpriu unha década de existencia tras consolidarse como unha das fontes de busca lexicográfica máis populares do portugués.
Fonte: Sulinformação
Suspenden as emisións en tártaro, checheno e baskir de Radio Free Europe
Unha proposta da administración Trump dos EUA prevé o peche das emisións en tres linguas minoritarias da Federación Rusa na emisora Radio Free Europe. As linguas son o tártaro, o baskir e o checheno.
Fonte: Nationalia
Presentan un filme nunha lingua indíxena en perigo de desaparición
En breve aparecerá nas grandes pantallas a longametraxe SGaawaay K’uuna que foi filmada na súa totalidade en dous dialectos da lingua haida, idioma indíxena de Norteamérica que actualmente conta con tan só 20 falantes.
Fonte: The Guardian
Denúnciase un caso de discriminación lingüística nun condado da República de Irlanda
Un concelleiro do Condado de Donegal, no norte da República de Irlanda, foi obrigado a expresarse en inglés ante a negativa de facilitarlle interpretación simultánea de gaélico a inglés.
Fonte: Highland Radio
O Goberno do Tíbet lanza unha aplicación para aprender a lingua tibetana
O crecente interese pola cultura e lingua tibetanas levou o Goberno da Rexión do Tíbet a lanzar unha nova aplicación para aprender tibetano. Trátase dunha iniciativa que busca protexer e promover esta lingua.
Fonte: Global Times
Finlandia introducirá a instrución en lingua estranxeira a partir do primeiro ano da educación básica
Finlandia introducirá a instrución en lingua estranxeira no primeiro ano da educación básica co fin de reducir as desigualdades na aprendizaxe das linguas.
Fonte: Xinhuanet
A plataforma "Português mais perto" chega aos 600 usuarios

A plataforma en liña desenvolvida polo Instituto Camões e Porto Editora chegou aos 600 usuarios. Grazas a este sitio existen persoas aprendendo de forma remota a lingua de Camões nos cinco continentes.
Fonte: Diário de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín