Mundo
Un total de 100 estudantes aprende a lingua asubiada do norte de Turquía
De acordo cos datos proporcionados por un responsable de educación da provincia turca de Girusun, un total de 100 nenas e nenos aprenderon a lingua asubiada turca co fin de preservar este modo de comunicación nas novas xeracións.
Fonte: Hurriyet Daily News
Escolas de Portugal e Macau asinan un protocolo para reforzar o ensino do portugués e o chinés mandarín
Unha decena de escolas de ensino secundario de Portugal e da rexión chinesa de Macau asinou un acordo de colaboración para reforzar o ensino do portugués e o chinés mandarín.
Fonte: O Jornal Económico
Irlanda aprobará unha lei para garantir a competencia do funcionariado en gaélico
Unha nova lexislación da República de Irlanda esixiralle a un mínimo do 20 % do funcionariado ter competencias en gaélico para poder traballar no ámbito público.
Fonte: RTE
Medra no Reino Unido o consumo de libros de autores de fala non inglesa
Segundo un estudo elaborado por responsables do premio internacional Man Brooker, o consumo de literatura traducida a partir de linguas diferentes ao inglés chegou a máximos históricos no Reino Unido.
Fonte: The Guardian
Atopan unha tradución ao irlandés descoñecida do Canon de Avicena

Unha familia de Cornualles descubriu unha tradución ao irlandés descoñecida até agora do Canon de Medicina de Avicena. O documento do século XV, que servía de protección dunha obra posterior, revela que a medicina irlandesa da Idade Media estaba á par da europea.
Fonte: The Guardian
Un filme mexicano consegue o Óscar á mellor produción en lingua estranxeira
O filme mexicano Roma fixo historia ao converterse na primeira longametraxe mexicana que consegue o Óscar á mellor produción en lingua estranxeira.
Fonte: El Periódico
O luxemburgués cumpre 35 anos como lingua nacional de Luxemburgo
O 24 de febreiro de 1984, o luxemburgués convertíase en lingua nacional do Gran Ducado de Luxemburgo. Hoxe fálano máis de 400 000 persoas e comparte oficialidade co francés e o alemán.
Fonte: Contacto
O Instituto de Estudos Occitanos presenta un sitio web de información sobre a lingua occitana

O Instituto de Estudos Occitanos (IEO) presentou “Las Paginas Occitanas”, un novo sitio web que informa sobre servizos en lingua occitana e entidades ou persoas que traballan ou viven nesta lingua.
Fonte: Jornalet
O estado de Novo México promoverá o ensino bilingüe
O estado de Novo México (EUA) aprobou unha lei para incentivar e reforzar o ensino bilingüe nas escolas públicas onde haxa alumnado que non fale inglés como primeira lingua.
Fonte: Albuquerque Journal
O Goberno do Xapón recoñece oficialmente o pobo ainu por medio dunha lei
O Goberno do Xapón recoñeceu por medio dunha lei a minoría étnica ainu que vive principalmente no norte da illa de Hokkaido. Grazas a esta medida, poderase promover a cultura deste pobo indíxena, cuxa lingua está en risco de desaparición xa que só é falada por unhas cen persoas.
Fonte: Language Magazine
Boletín
Subscríbase ao boletín