Mundo
Aumenta o número de falantes de francés como primeiro idioma en Suíza
Segundo datos do Departamento Federal de Estatísticas de Suíza, case un 63 % dos cidadáns e cidadás do país helvético falan alemán como primeiro idioma. Porén, o número de falantes de francés, a segunda lingua materna do país, crece ano tras ano.
Fonte: Swissinfo
O Goberno de Portugal financiará investigacións realizadas en lingua portuguesa
O Goberno de Portugal destinará 200 mil euros á investigación en lingua portuguesa por medio dun protocolo asinado entre representantes do Goberno, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) e o Instituto Camões.
Fonte: SAPO
Unha curtametraxe axuda a revitalizar unha lingua indíxena de Venezuela e o Brasil
Un grupo de persoas do pobo yekuana que vive en terras do centro e sur de Venezuela e noroeste do Brasil axudou na produción da curtametraxe Dijaawa Wotunnöi, realizada completamente na lingua yekuana. O obxectivo é axudar a revitalizar este idioma indíxena.
Fonte: Global Voices
Un estudo da BBC revela a forte caída das linguas estranxeiras no ensino público do Reino Unido
Un estudo realizado pola BBC confirma a forte caída do ensino das linguas estranxeiras no ensino secundario do Reino Unido. Os idiomas máis afectados por esta tendencia son o francés e o alemán.
Fonte: BBC
Unha universidade brasileira ofrece un curso gratuíto de lingua de signos
As persoas interesadas en aprender a lingua de signos poden realizar o curso que o Departamento de Lingüística da Universidade de São Paulo ofrece de xeito gratuíto.
Fonte: R7
Varios centros de ensino de Córsega opóñense á redución de horas de corso no ensino
Un total de tres centros de ensino secundario de Ajaccio, en Córsega, manifestou o seu rexeitamento á reforma decretada por Francia que reduce significativamente o número de horas de ensino de corso nos centros educativos.
Fonte: Corse Net Infos
A cidade de Toulouse mobilízase para protestar contra a supresión do occitano do ensino público
Unhas 5000 persoas manifestáronse na cidade de Toulouse para mostrar o seu rexeitamento ás medidas que obrigan á supresión do occitano do ensino público.
Fonte: Jornalet
As zonas con maior número de falantes de Gales recibirán apoio para evitar a perda de falantes
As zonas de Gwynedd, Anglesey, Ceredigion e Carmarthenshire, condados galeses onde se atopa o maior número de falantes de galés, recibirán apoio financeiro para crear iniciativas que incentiven o desenvolvemento comercial co obxectivo de reter a marcha dos falantes máis novos.
Fonte: Daily Post
Unha universidade dos Países Baixos eliminará o seu grao en lingua neerlandesa ante a falta de demanda
A Universidade Libre de Ámsterdam eliminará da súa oferta de estudos o grao en lingua neerlandesa pola baixada no número de matrículas e a inviabilidade económica.
Fonte: Dutch News
Mozambique aposta pola diversidade lingüística coa creación de escolas bilingües
O representante permanente de Mozambique na ONU, António Gumende, defendeu en Nova York a diversidade lingüística do seu país mediante a introdución das linguas mozambicanas en escolas bilingües e no currículo universitario.
Fonte: Diário de Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín