Mundo

Unha proposta aspira a introducir a lingua normanda falada na Illa de Jersey na sinalización pública

O deputado da Illa de Jersey, Jeremy Maçon, fixo unha proposta para que a lingua normanda que se fala nese territorio do Canal da Mancha, o jérrais, poida aparecer como idioma principal na sinalización pública.

Fonte: ITV

Abu Dhabi oficializará o uso do hindi no ámbito da xustiza

O emirato de Abu Dhabi dos Emiratos Árabes Unidos vai oficializar o uso do hindi nos tribunais co obxectivo de que os traballadores e traballadoras que falen esta lingua poidan ter pleno acceso á xustiza.

Fonte: The National

Unha organización benéfica ofrecerá un servizo de atención a xente nova en gaélico escocés

A organización benéfica escocesa Young Scot ofrecerá un servizo de atención en liña para xente nova en gaélico escocés.

Fonte: Lancashire Telegraph

O galés deixará de ser segunda lingua no ensino público do País de Gales

Unha reforma educativa permitirá que a lingua galesa deixe de estar considerada "segunda lingua" nas escolas de fala inglesa do País de Gales. O obxectivo é que a partir de 2022 todo o alumnado, independentemente da súa lingua materna, poida estudar galés ao nivel de primeira lingua.

Fonte: Wales Online

A Comunidade de Aglomeración do País Vasco recoñece o éuscaro e o gascón como linguas oficiais

A Comunidade de Aglomeración do País Vasco francés que representa 158 comunidades deste territorio de Francia votou a favor de recoñecer o éuscaro e o gascón como idiomas oficiais da institución.

Fonte: Sud Ouest

Falantes de linguas indíxenas de Bolivia buscan o recoñecemento oficial do Estado

Falantes bolivianos de linguas como o paunaka e o kumsa están facendo as xestións necesarias para que estes modos de expresión sexan recoñecidos oficialmente polo Instituto Plurinacional paro o Estudo de Linguas e Culturas de Bolivia.

Fonte: Xinhua

O Instituto Camões lanza un premio literario para distinguir traballos de escritores angolanos

O Instituto Camões lanzou un premio literario de 15 000 euros para distinguir obras escritas por autoras ou autores de Angola. A primeira edición premiará traballos escritos en poesía.

Fonte: Observador

Uganda apoia a introdución do ensino do chinés nas escolas públicas

Representantes do Parlamento de Uganda animaron as escolas públicas do país a introducir o ensino do chinés co fin de crear máis oportunidades laborais de futuro para os estudantes.

Fonte: All Africa

Os dialectos de base grega falados no sur de Italia están ao bordo da desaparición

Os dous dialectos de base grega, griko e greko, falados respectivamente nalgunhas zonas de Calabria e Apulia, no sur de Italia, están ao bordo da extinción. Unha rapaza de lingua greka, Olimpia Squillaci, decidiu levar a cabo varias iniciativas para preservar a súa lingua e promover a súa aprendizaxe.

Fonte: Greek Europe Reporter

A cidade de Nova York expande o bilingüismo nas escolas infantís

O alcalde de Nova York, Bill de Blasio, anunciou a ampliación do programa de ensino bilingüe para as escolas infantís. A partir do próximo curso académico haberá en Nova York 107 escolas que ofrecerán instrución en inglés e noutra lingua como xaponés, crioulo de Haití, francés ou hebreo.

Fonte: Fox5 NY

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder