Mundo
O municipio portugués de Miranda do Douro quere asinar un protocolo para garantir a aprobación da Carta Europea das Linguas Minoritarias
O municipio de Miranda do Douro quere asinar un protocolo coa Asociación da Lingua Mirandesa para garantir a aprobación dos principios da Carta Europea das Linguas Minoritarias.
Fonte: Público
Varias asociacións comezan unha campaña para promover o ensino da lingua portuguesa en Francia
Varias asociacións de portugueses en Francia lanzarán unha campaña para cambiar a mala reputación que ten a lingua portuguesa no país galo e fomentar a súa aprendizaxe.
Fonte: Notícias ao Minuto
Ghana quere promover a aprendizaxe da lingua francesa
O ministro de Educación de Ghana, Matthew Opoku Prempeh, defendeu a necesidade de que o país adopte as medidas necesarias para promover o ensino e a aprendizaxe do francés co fin de desenvolver os intercambios comerciais.
Fonte: My Joy Online
A cidade de Hannover introduce directrices para fomentar o uso da linguaxe non sexista
O municipio de Hannover, capital do estado federado de Baixa Saxonia, converteuse no primeiro de Alemaña en introducir directrices sobre o uso da linguaxe non sexista na documentación de tipo oficial.
Fonte: Deutsche Welle
O Goberno de Italia esixirá o coñecemento da lingua italiana para poder optar á cidadanía
O Goberno de Italia concederá a cidadanía unicamente a aquelas persoas que, sendo descendentes de italianos, dominen e falen con fluidez a lingua italiana.
Fonte: Rádio Cidade
Irlanda contará cun grao de educación infantil en lingua de signos
A Universidade da Cidade de Dublín (DCU, polas súas siglas en inglés) ofertará a primeira carreira universitaria de Irlanda que permitirá que persoas xordas ou con discapacidade auditiva poidan acadar o título de mestres ou mestras de primaria.
Fonte: The Journal
O Instituto Camões e o Cervantes colaborarán nun proxecto para mostrar o poder do portugués e o español

O Instituto Camões colaborará coa institución homóloga española, o Instituto Cervantes, na publicación dun libro que mostrará o potencial e as fortalezas das linguas portuguesa e española.
Fonte: Observador
O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas informou de que apoiará os nacionais portugueses que non dominen a lingua portuguesa
O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, informou en Manchester de que os nacionais portugueses residentes no Reino Unido que non dominen a lingua portuguesa recibirán un acompañamento especial ante o Brexit.
Fonte: Observador
Unha deputada do Parlamento de Timor Leste propón a supresión do portugués dos debates da cámara
A deputada timorense do partido KHUNTO, Olinda Guterres, defendeu a exclusión da lingua portuguesa dos debates do Parlamento de Timor Leste co fin de favorecer a participación e comprensión de todos os representantes.
Fonte: Diário de Notícias
Unha exposición en Londres revela datos interesantes sobre a lingua inglesa

A exposición da Biblioteca Británica de Londres Anglo-Saxon Kingdom: Art, World, War mostra, a través de diferentes obxectos e fragmentos de lingua escrita, as orixes e evolución da lingua inglesa e revela a importante relación que existía entre os diferentes pobos europeos ao longo da historia.
Fonte: BBC
Boletín
Subscríbase ao boletín