Mundo
Suráfrica introduce a materia de lingua de signos no exame para obter o certificado de ensino secundario
As persoas xordas de Suráfrica conseguiron un importante avance xa que o país africano decidiu incluír por primeira vez a materia de lingua de signos nos exames para obter o certificado de ensino secundario.
Fonte: All Africa
O Consello de Opinión da RTP recomenda a dinamización para acadar unha maior difusión da lingua portuguesa
O Consello de Opinión da RTP (Radio e Televisión de Portugal) recomendou unha serie de novas medidas para conseguir dinamizar a difusión da lingua portuguesa ao longo de todo o 2019.
Fonte: Correio da Manhã
O Goberno do Reino Unido creará un centro de excelencia para o ensino de linguas modernas

O Goberno británico confirmou a través do seu ministro de Estado para os Centros de Ensino, o conservador Nick Gibb, que creará un centro de excelencia de ensino de linguas modernas na Universidade de York que axudará a revitalizar a aprendizaxe das linguas estranxeiras no Reino Unido.
Fonte: UK Government
Portugal solicita a creación dunha canle de televisión lusófona para todos os países de fala portuguesa
O vicepresidente da Asemblea da República de Portugal, Jorge Lacão, defendeu a creación dunha canle de televisión lusófona de escala planetaria para todos os países de lingua portuguesa.
Fonte: Mundo Lusíada
O asistente de Google traducirá conversas en tempo real en 27 idiomas
O asistente intelixente de Google permitirá por medio do seu novo modo "intérprete" traducir en tempo real conversas nun total de 27 idiomas.
Fonte: TEK SAPO
A Universidade de Chipre ofertará cursos de chinés para nenos e adultos
O Instituto Confucio na Universidade de Chipre comezará a ofertar cursos de chinés de diferentes niveis a nenos e adultos.
Fonte: Cyprus Mail
O Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta un total de 12 idiomas

O BabeliUM ou Centro de Linguas da Universidade do Miño oferta este curso nas cidades portuguesas de Braga e Guimarães un total de 12 linguas, entre elas o galego.
Fonte: Semanário V
Preséntase unha campaña para a promoción da lingua inuktitut nas redes sociais
A Asociación Inuit Qikiqtani dunha rexión da provincia canadense de Nunavut lanzou a campaña "Unha palabra ao día" en varias redes sociais para promover o uso da lingua inuktitut falada polo pobo inuit.
Fonte: Global Voices
Unha universidade lisboeta oferta un mestrado en lingua de signos
O Instituto de Ciencias da Saúde da Universidade Católica Portuguesa (UCP) de Lisboa ofrecerá proximamente un mestrado en lingua de signos e educación para persoas xordas.
Fonte: ECCLESIA
Varios acordos entre o Instituto Camões e o Brasil velarán pola promoción da lingua portuguesa no mundo
O embaixador Luís Faro Ramos e presidente do Consello Directivo do Instituto Camões defendeu a promoción da lingua portuguesa que garantirán varios acordos asinados entre Portugal e o Brasil.
Fonte: RFI
Boletín
Subscríbase ao boletín