Mundo

Unha canción en lingua galesa chega por primeira vez ao millón de escoitas en Spotify

O grupo de rock Alffa entrou na historia da música en lingua galesa ao conseguir que unha das súas cancións chegase ao millón de escoitas na plataforma en liña Spotify.

Fonte: BBC

Diminúe o número de falantes de italiano e grego en Australia

Un estudo realizado en Australia mostrou que o número de familias que falan italiano e grego baixou substancialmente nos últimos anos mentres idiomas asiáticos como o chinés ou o panxabi rexistran un forte incremento.

Fonte: SBS News

A cidade chinesa de Macau organiza un concurso internacional de tradución chinés-portugués

A cidade de Macau quere albergar, por medio do Instituto Politécnico de Macau, un concurso mundial de tradución chinés-portugués, co que espera converterse no principal punto de referencia da lingua portuguesa no continente asiático.

Fonte: RTP

Unha escritora brasileira é a autora do mellor libro escrito en lingua portuguesa en 2018

O libro Câmara Lenta, da poeta brasileira Marília Garcia, é o mellor escrito en portugués tras vencer o Premio Oceânos na súa edición de 2018.

Fonte: Jovempan

Sobe o número de persoas con competencias orais en linguas indíxenas do Canadá

A Oficina Nacional de Estatística do Canadá revelou que desde o ano 1996 houbo un incremento dun 8 % no número de persoas que poden comunicar con certa competencia nunha lingua aborixe canadense. Alén diso, os datos tamén mostran que hai cada vez máis persoas aprendendo unha destas linguas en centros educativos.

Fonte: Nunatsiaq News

O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa defende a uniformización do portugués escrito

O novo director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, Incanha Intumbo, defendeu a uniformización do portugués escrito resaltando a necesidade de adoptar o Acordo Ortográfico de 1990 en todos os países lusófonos.

Fonte: SAPO 24

A Escola Internacional das Nacións Unidas ensinará a lingua portuguesa

Un acordo asinado por representantes de varios países lusófonos permitirá que o portugués se ensine na Escola Internacional das Nacións Unidas. Con esta incorporación, xa son dez as linguas que se ensinan nesta institución de ensino privada.

Fonte: SAPO 24

O estado portugués distribúe axendas a funcionariado público cos días mencionados en castelán como lingua principal

O estado portugués distribuíu a altos cargos de funcionariado público axendas co castelán como lingua principal. O portugués aparece en segundo lugar, seguido das linguas rexionais españolas: catalán, galego e vasco.

Fonte: Jornal de Notícias

Un estudo revela que o uso excesivo dos dispositivos móbiles pode afectar á capacidade lingüística de nenos e nenas

Un estudo elaborado polo Instituto Nacional de Saúde dos EUA revela que a exposición excesiva ás pantallas dos dispositivos móbiles pode traer consecuencias negativas para o desenvolvemento cognitivo de nenos e nenas, incluído o que se refire ás habilidades lingüísticas.

Fonte: Standard Digital

Un estudo revela que o uso de certos plásticos pode provocar atrasos na adquisición da linguaxe

Un estudo da Universidade de Minnesota analiza como a exposición a unha substancia química presente en certos plásticos pode estar conectada con atrasos na adquisición da linguaxe.

Fonte: Valley News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder